Dun tempo a esta parte, eu ao menos veño notando bastante suciedade na cidade, comparado a como estaba no primeiro mandato de Lores, cunha cidade bastante limpa...
E o noto sobre todo nos contenedores do lixo e nas papeleiras, que están a rebosar. E a culpa non é da xente que bote cicais as cousas fora de hora; a culpa é de deixar contenedores de reciclábeis varios días ou semanas sen recoller, como puiden comprobar en varias rúas da cidade, polo que a xente as ten que deixar na beirarrúa, co espectáculo penoso que iso da.
¿Tanto custa, señor Lores? Teño que recoñecer que falei con el fai uns dous meses e comenteille isto mesmo, e máis ou menos súa contestación foi: "Iso é un tema secundario". O prometo, e se non me credes, preguntade ao alcalde. Mágoa me da ver a Pontevedra así, a ver se esta tarde poño algunha foto que saque no centro.
chuzame -
Calqueira pontevedrés daríase de conta do andamiaxe que dunhas semanas a esta parte levan pola parte exterior a Capilla da Virxe Peregrina.