Para os alumnos que non comezades este ano deixo á vosa disposición a partitura orixinal da “Carballesa“, a transcrición de don Casto, non a adaptación que fixen eu para os que comezaban este ano.
Como veredes, é practicamente igual pero hai dous detalliños que cambian. Gustaríame que analizarades a partitura con detemento, que detectedes os cambios e os toquedes, tal cual está no orixinal. Unha vez feito isto estaría ben incorporarlle algúns adornos que, aínda que non están na partitura, os gaiteiros adoitamos introducir, como ben sabedes. Podedes poñelos onde queirades e o venres escoitaremos todas as versións na aula. Para non liarvos empregade só picados e mordentes.
Áimo, que a inspiración os colla tocando!
Velaquí tedes unha táboa na que se especifican as posicións da dixitación que empregamos na Aula dos Trazantes. Só están recollidas as notas da escala diatónica, é dicir, a escala natural, non a cromática. Máis adiante pendurarei unha táboa coas posicións desta última, pero, de momento, concentrádevos nesta.
Comezamos o curso traballando aspectos rítmicos e métricos. Principiamos polos ritmos binarios e o compás de 2/4, no que é moi frecuente atopar escritos algúns tipos de ritmos da música tradicional galega.
chuzame