Estase a falar estes días en todos os medios de comunicación dun tema bastante delicado, como é a reclamación que o condutor dun coche que atropelou a un ciclista de dezasete anos (falecido no accidente) fai ós pais da vítima polos danos sufridos no seu vehículo.Como non teño datos suficientes sobre a cuestión xurídica (a moralidade ou ética de cada un non é cousa miña), prefiro non facer comentarios sobre a mesma, xa que son moitas as dúbidas que se me plantexan antes de facer unha valoración seria da cuestión.

Parece ser que esta mañá estaba prevista a celebración do xuízo, e dada a expectación creada, deseguida saltou a nova: seica o demandante retirou a súa reclamación.

Cando, comentando o tema con un lego en dereito eu lle dicía que, no fondo, iso non quería dicir nada xa que se podía volver a presentar a demanda, xurdiu a cuestión da diferencia entre desistir e renunciar.

Ambas figuras, o desistimento e a renuncia aparecen reguladas no artigo 20 da Lei de Axuizamento Civil. Pero penso que non é necesario profundar na súa tramitación para ver a diferenza entre ambas.

No caso da renuncia, o xuíz ten que ditar sentenza absolvendo ó demandado, polo que a cuestión non pode volver a considerar ante os xulgados. Por contra, o desistimento é un acto de vontade do demandante que fai que o procedemento finalice sen sentenza, polo que si é posíbel nese caso que se volva a considerar xudicialmente a cuestión. Ou sexa, que a renuncia é definitiva, pero non así o desistimento.

Pepita Sánchez Soler - Múnich 1972
Actualizadas las notas biográficas en la página de Pepita Sánchez. También he añadido la fotografía que aparecía en el sitio de Sole.

Muchas gracias a Hugo Gallego por ayudar a mantener al día la información sobre su madre.

Como algúns xa sabeis, porque non me canso de repetilo apenas teño tempo para nada. Todo o día a correr, a miña vida é unha carreira a contrareloj desde as 7 da mañá ata as 9 da noite non paro. Despues de ler un pouco con Pedro, ás nove e media, e cun pouco de cea, tírome (literalmente) no sofa e a ver o que me boten.

Realmente o que me boten: non. Unha ten os seus gustos. Gústanme as series. Fai uns anos era máis de películas, pero, entre que a maioría que botan son americanas dos últimos tempos (que non teñen nada que achegar á sétima arte) e que, entre anuncios e demais, duran ata as tantas, pois se me quitaron as ganas de velas. Ademais as que me adoitan interesar xa as vin antes en vídeo e, as menos, no cine (para iso xa non teño apenas tempo e paréceme abusivo o prezo das entradas)

O caso é que nos últimos tempos fíxenme afeccionada ás series. As españolas sígoas pouco, para algunha que empezo a facerlle un pouco de caso, cámbianma de horario, e como non me interesa “Aqui non hai quen viva”, “Aida” ou “Os Serranos” téñome que aguantar. Así que só quedan as americanas.

anatomiagrey.jpg

A miña serie favorita nestes momentos é “Anatomía de Grey“, ademais das obvias razóns que comentei anteriormente, gústame porque ten algo de comedia de situación: moitas historias que se cruzan, sen chegar á perversión doutras series, onde todos léanse con todos (paréceme unha absoluta falta de recursos por parte dos guionistas)

Tamén me gusta moito “House”, sobre todo por el, porque o imos a negar. Ten ese punto de “mala-leche” que mosquea, sobre todo para ver onde se vai a equivocar, porque aínda que non o pareza equivócase constantemente, “ao final, nunca é lupus”

Pero realmente o que máis me gustan non son as series de médicos, senón as de policías, pero xa nada me sorprende, ¡tantas vin! (desde “Starsky e Hutch” e os “Homes de Harrelson” ata “Irmáns e Detectives”, pasando pola memorable “Brigada Central”). Agora a que máis me gusta é “Monk” e “The Closer” (Roberto enfádase comigo porque di que a tipa é moi fea, non sei, penso que cando unha muller é a xefa a moitos non lles gusta).

Pero xuntando os dous tipos de series anteriores, chegardes ás realmente que máis me gustan: as serie de forenses, se, xa se que estais pensando en C.S.I, pero non, as que me gustan máis son “Bones” (é en realidade dunha antropóloga forense, un pouco máis “científica”) e sobre todo “Crossing Jordan” (a clase de muller independente e segura de si mesma que a todas nos gustaría ser)  , recoméndovola.

Pero como vos dareis conta, todas as serie menos unha, son protagonizadas por mulleres, (a verdade que duas, pero en House a xefa é unha muller con carácter), o cal levábame a comentarvos o meu descubrimento deste ano (¡como fío os temas!): “Men in trees”, unha mestura de 2 das mellores series que botaron nunca na vida na televisión: “Doutor en Alaska” (todos preguntámonos porque a puñan a esas horas) e “Sexo en Nova York” (a serie que nos fixo crer ás mulleres que os “tíos bos” tamén existen: nalgún sitio, non se sabe onde, pero dalgún sitio tiñan que saír tantos).

Pero como non todo ían ser encomios, entre as series tamén hai bodrios inaguantables, como a nova de David Duchovny (síntoo para os fans de “Expediente X”, pero ha caido moi, pero que moi baixo): “Californikation”, o nome xa o di todo, é realmente vomitiva, e non me interpretedes mal, non me refiro ás escenas de “erotismo” gratuíto, non, refírome á falta de ideas dos guionistas, moi malos, non: “soberanamente” malos.

Esta entrada foi inspirada por un post de Breogain en “A ponte vella”

bici.jpg

O meu agasallo de Reis,… ¿será este un dos propósitos deste ano novo? ¿Qué creedes que pensan os Reis: que debo baixar algúns kiliños ou facer un pouco “MÁIS” de exercicio?

Admítense apostas,….