¿Os nervios? ¿A presión? Non sei o que puido acontecer onte no partido de ascenso a 2ª no que se bateu o Pontevedra contra o Ceuta. O que está claro é que algo si acontece, son tres anos consecutivos que o equipo granate cumpre durante todo o ano, partido tras partido, e tres os anos que perde na fase de ascenso. A min non me gusta o fútbol, de feito o detesto, pero non podo negar o ilusionante que pode chegar a ser pra os siareiros granates o ascenso do equipo, ademais de repercutir economicamente na cidade.Eu estou certamente estrañado, porque aínda que non vou vexo nunca un partido de fútbol, non deixa de resultarme chocante que un equipo tropece ata 3 veces na mesma pedra. Un pode imaxinar que os xogadores non están preparados psicolóxicamente para o partido, que a presión e os nervios poden con eles. Habería que buscar, pois unha terapia, pra mentalizar "psicolóxicamente" aos xogadores, fronte a un partido.
Outra posibilidade, e tan só é un teoría sen fundamentos, sen probas, pura especulación, pero que rolda na miña cabeza, e é o tema dos maletíns, de comprar xogadores, ou equipos pra que perdan. Se pasa na 1ª división, que suponse que está moito máis "controlada", ¿por qué non na 2ªB? Coma xa digo, pura especulación sen probas, pero que non dou quitado da cabeza.
A cuestión é que outro ano máis a ilusión transformouse en profunda decepción e sabor amargo na boca dos siareiros.
Tan só queda agardar polo ano próximo, e ter un pouco máis de sorte, ou valor pra gañar o partido. Dende aquí mándolle un saúdo a todolos siareiros granates, que arriba o ánimo, e que temos un ano enteiro pra emendar os erros cometidos, e voltar a 2ª división A.
Entradas Relacionadas
- No se han encontrado entradas relacionadas.