Onte estaba traballando na farmacia, cando unha das miñas compañeiras achegoume ata as miñas mans unha lista de sinaturas. O primeiro que me veu a cabeza foi o pulso que manteñen os bombeiros de Pontevedra fronte ao Concello (que por certo, xa firmei), pero antes sequera de poder lelo, díxome ela: "É polo de Mari Luz". Lin a primeira liña, onde estaba a demanda dirixida ao Congreso dos Diputados, e dicía algo así: "Pedimos a cadea perpétua aos PEDERASTAS ASASINOS". Sei que dicía algo máis, pero non o lembro. O que si lembro con forza é que escribiran "pederastas asasinos" en maiúsculas, e que pedían a cadea perpútua para eles.
É innegable que fronte a semellantes atrocidades, de abusos sexuais á menores (¡incluso a recén nacidos! ¡Repugnante!), venche por dentro unha xenreira e un sentimento de vinganza, que levaríache a asinar calquer reinvindicación, mesmo a pena de morte. Pero o certo é que hai que ter coidado co que se pide, xa que nós estaremos, tamén, lexislados baixo a mesma lei.
Eu non son xurista, e de feito non entendo moito de leis. Sei que coa nosa Constitución, non se pode aplicar a cadéa perpétua en España, e que como moito, poderíase endurecer as penas, sempre duns límites, que marcarían o que é e non constitucional.
Pero quería reflexionar eiquí sobre os obxectivos fundamentais, ao meu parecer, polos que existe as penas carcelarias en España:
  1. Primeiro, e sen dúbida a que é obvia: a protección da sociedade fronte individuos potencialmente perigosos: terroristas, pederastas, violadores, asasinos, homicidas, e un largo etcétera. É lóxico pensar, que, se estes non están nas rúas, libres, non poderán cometer ningún tipo de delito, nin facer mal a ninguén.
  2. Segundo, e que non parece, a priori, tan evidente: a reinserción social. Si, este é un punto incómodo, xa que os que sufriron o delito, sexa do tipo que fora, non se lles pasa pola cabeza que esa persoa poida voltar a ser, digamos, "civilizada". Este é un punto espiñento, con moito debate: ¿todos os presos poden ser reinsertados? ¿Existe casos en que o convicto non está preparado para saír á rúa? E se é así: ¿E ético deixalo libre?
Sen dúbida non é un tema fácil. Veuse demostrando co tempo, que os pederastas reinciden unha e outra vez no delito, incluso cando xa pasaron polo cárcere. ¿Que é o que falla? ¿Debe considerarse aos pederastras coma "convictos especiais"? ¿Requiren unha maior atención e unha análise máis exahustiva do seu perfil psicolóxico?
Coido que o problema non reside nas penas, senón na rápida aplicación das mesmas. O asasino de Mari Luz puido cometer o delito porque a administración xudicial foi lenta e torpe, non porque non existan penas para os delitos de abusos sexuais a menores. ¿De qué serviría aprobar a cadea perpétua, se despois a xustiza é igual de lenta?
Creo firmemente que non é unha cuestión de endurecer penas, senón de axilizar os trámites xudicias, de xeito que acade o xusto equilibrio entre unha xustiza eficiente e rápida, e o dereito inalienable das persoas a ser inocentes (ata que se demostre o contrario), evitando errores xudiciais.
Tomei un tempo antes de tomar a decisión. Finalmente non asinei o papel. Con isto non penso que os pederastas merezan duras penas de cárcere; todo o contrario. Pero considero, que o cárcere ten que ser un lugar para a reinserción e se non é así, pra min non ten sentido encadear a ninguén. Pero como xa digo, aquí hai moito debate...