De cachondeo ou tomadura de pelo podería definir o último anuncio dos traballadores de Cespa, os cales de seguro coñeceredes por películas como Tocándole los huevos a Pontevedra ou Los más chulos del barrio somos nosotros. Pois iso, achégase un verán máis e como cada dous anos -coincidindo exactamente coas negociacións do seu convenio laboral- os ínclitos empregados da concesionaria da recollida do lixo na nosa bendita cidade veñen coas súas xustas ou inxustas, non saberia definilo, reclamacións laborais, pero como xa dixen, cada dous veráns os maiores perxudicados somos nós, os cidadáns de a pe, os que paseamos, traballamos ou pasámolo rato polas rúas da nosa cidade, unha vez máis e non sei cantas irán, un conflicto laboral entre unha empresa privada e mailos seus privados traballadores salpica ao resto dos mortais que non temos culpa de nada e pagámolos nosos impostos, incluida a taxa pola recollida do lixo, facede algo de memoria e lembrade aquel "problema" que tivemos coa concesionaria do servizo de guindastre de Pontevedra, aquelas semanas nas que a nosa cidade ficou inmersa nunha "anarquía automobilística" total.

Persoalmente coido que o Concello non debería inmiscuirse nos conflictos laborais dunha empresa privada, e máis cando ano tras ano nos toman o pelo desta maneira, pero isto xa comeza a ser unha chantaxe en toda regla á cidadanía, agardando precisamente ás festas da Peregrina, o intre no que chegan á nosa cidade miles de visitantes e os pontevedreses queremos desfrutar das nosas rúas e prazas. Coido que Raimundo González, na medida do posible, deberia facer un pouco de forza e presionar a Cespa para que resolva o conflicto cós seus traballadores e asi acada-la desconvocatoria da folga prevista, xogámonos moito nelo

 

Chuzame! chuzame -