Esa é a pregunta que me fago despois de ler noticias coma a publicada hoxe na edición dixital e local de La Voz de Galicia, os casos de vandalismo na nosa cidade voltan a ser noticia unha vez máis, para a nosa desgraza os energúmenos de turno non tiveron outra cousa mellor que facer que destroza-las árbores dunha das rúas recén remodeladas da nosa cidade, nada novo, todos sabedes do famoso arco do violín que hai no conxunto escultórico da Praza de San Xosé, atacado en imnumerables ocasións, pero como iso papeleiras, fontes e demais elementos do mobiliario urbán..

Esa pregunta tamén vai para o concelleiro de Seguridade cidadá, o señor Guillerme Vázquez, non pode ser que dia tras dia, e sobre todo nas fins de semana, as nosas rúas amanezan con destrozos de toda índole, eu fun o primeiro en parabenizar ao Concello de Pontevedra pola súa decisión de translada-lo botellón do centro da cidade ás aforas, con iso gañamos en seguridade e tranquilidade, pero o que non se pode é tolerar o que acontece tódolos dias na praza de José Martí, onde individuos bébedos e skaters fan que os veciños apenas poidan desfrutar deste céntrico lugar da nosa cidade. Non serei eu quén abogue por sacar máis policia á rúa, pero un chisco máis de control terá que haber por parte dos organismos competentes, se temos unha cidade símbolo da recuperación do entorno urbán, premiada en varias ocasións por ter unha casco histórico que xungue o respecto ao noso patrimonio coa modernidade, non podemos permitir ataques coma os que se repiten dia tras dia contra o patrimonio urbán da cidade, que ao fin e ao cabo tamén é o de tódolos pontevedreses.
chúzame -








Pois xa está activada a nova páxina web da Feira Franca de Pontevedra, hai dias que avisaron da súa inminente re-activación pero non foi ata ben pouco cando tivo lugar. Asi que xa sabedes, resta moi pouco para que comecen os fastos medievais na nosa cidade e hai que irse preparando, que o verán comeza coa festa da Peregrina e a diversión non remata ata pasada a feira medieval, a cal terá lugar o vindeiro fin de semana, os dias 5 e 6 de Setembro. Na web poderedes atopar cumprida información de todo canto vaia acontecer neses dous dias de festa, dende os horarios das actividades ata consellos e recomendacións de todo tipo, aqui tede-la url en cuestión:
Son unha referencia da música metal mesturada cós sons medievais máis antigos e remotos. 



Levan a nosa música e tamén a nosa cultura alá onde viaxan, son de seguro o grupo galego de música folc máis internacionalmente coñecido despois dos grandísimos Milladoiro e do gaiteiro Carlos Núñez, a formación comandado por Bieito Romero tocarán a noite do 17 de Agosto na praza da Ferreria de Pontevedra, cecais sexa casualidade ou non que toquen precisamente neste dia na nosa cidade, unha data tan importante para a memoria galega coma a que se conmemora hoxe, o dia dos mártires galegos, o aniversario da morte de Alexandre Bóveda, tendo en conta isto, que mellor homenaxe que a dun grupo galego.
O vindeiro 17 de Agosto celebrarase un ano máis na nosa cidade o aniversario do pasamento de Alexandre Bóveda, o que fóra máximo responsable e tamén ideólogo do Partido Galeguista, home de fondas conviccións patrióticas que foi asasiñado polas tropas franquistas o 17 de agosto do ano 1936 na Caeira (Poio), ás aforas da nosa cidade de Pontevedra. Foi anos despois, concretamento no ano 1942, cando o galeguismo no exterior instauraba o 17 de agosto coma unha data para a lembranza dos nosos mártires, homes e mulleres que deron a súa vida na loita contra a ditadura franquista, que defenderon Galiza coa súas vidas e que merecían ser lembrados, declarouse por tanto o 17 de agosto coma o dia dos mártires galegos ou 
Como firme detractor que son das touradas, fágome eco da convocatoria dunha concentración antitaurina que terá lugar o vindeiro sábado 9 de agosto na nosa cidade de Pontevedra, o acto que está organizado pola