Dábame moita pereza comezar de novo con o blogue en galego.  Sobre todo por que o galego, non é a miña lingua nai, como diría Carlos Blanco, a miña é “o Coruño”, e xa sabedes que ten mais de castelán que de galego.

Ademais dun tempo ata esta parte, tiña moitos comentarios lixo que debía eliminar, porque afeaban o meu blogue, Sitoo se no proceso eliminei algún que non deberia, pero tiña más de 80 páximas de 25 comentarios cada uno con este tipo de mensaxes spam.

Antes de nada: confésoo non vin a película. Pero o trailler que vin bástame para dicir que, de novo, os americanos volveron a meter a pata, e neste caso de mamut, pero ben metida…..

Ata “10.000″ que imaxe vos vén á cabeza dun mamut?….. tic-tac, tic-tac, tic-tac: ¡Xeo!, moito xeo,… O mamut é un animal prehistórico que coincidiu co home durante o período Paleolítico (quedarvos tamén con este dato: PA-LE-O-LI-TI-CO). A súa pel lanuda era un arma eficaz contra os frios glaciares, onde transcorreu a súa vida….

Que outros animais ademais do home convivía co mamut? O tigre dentes de sabre ou esmilodón que aparece na película? No 10.000 a.C estes animais achábanse ao bordo da súa extinción, ao terminar o período glacial no que se desenvolveu a súa vida….

En canto ao home cal era a súa situación no 10.000 a.C.? Pois o home estaba no fin do período Paleolítico, nalgunhas comunidades, moi escasas, estábanse preparando para dar o salto ao Neolítico, pero na maioría das comunidades humanas o home ía pasar por un período chamado “Epipaleolítico” na que a economía e a industria lítica era moi similar á do período anterior, salvo as consecuentes adaptacións ao novo clima, os glaciares ían remitindo e o clima volveuse máis tépedo e xa que logo irrompen novas especies vexetais e animais.

E que vemos ou albiscamos no trailer….. observade:

  • Mamuts e tigres dentes de sabres nun clima cálido. ¡Non sobrevivisen nin media hora! A maioría dos mamuts que sobreviviron ao fin da glaciación fixérono en climas de tundra.
  • Mamuts “DO-MES-TI-CA-DOS” polo home. atrás quedarán os ovicapridos como primeiros animais en ser domesticados. O primeiro en realidade foi o can, pero do can ao mamut hai un bo treito.
  • Metal no 10.000 a.C. , o primeiro metal en ser utilizado foi o cobre, cara ao fina do Neolítico (5.000 a.C.)
  • Zigurats ou Pirámides, o primeiro zigurat é o Kashan do 5.000 a.C. e a pirámide graduada do rei Zoser data de ao redor de 2.750 a.C.

Hai algo nesta película que realmente sexa do 10.000 a.C.?

O que máis me amola de todo isto, é que moitas persoas quedarán con esta idea da prehistoria, verán a película e non lerán os libros. É duro, pero é así,…. Creo que deberián pór un aviso antes que dixese: “calquera parecido co devir dos feitos históricos é pura casualidade, o que vai ver é froito da fantasía dunha mente calenturienta, que lle gustou que o desenvolvemento da humanidade fose máis divertido e emocionante…”. Pero bo que se lle vai a pedir a un director que unha vez fíxonos crer que Will Smith era o presidente dos U.S.A. e que vencía o solito a unha superpotencia alieníxena subido na súa super-reactor.

O 26 de febreiro foi un día aciago para as mulleres, catro mulleres nunha soa xornada morreron a mans das súas parellas.

Por moitas leis que haxa, por moitos xulgados que haxa, por innumerables promesas electorais que se fagan, non se conseguirá nada, se non conseguimos que cambien a mentalidade dunha gran parte da sociedade que ve na muller un mero obxecto de posesión, sen voz, nin personalidade para decidir…. Na nosa man está repudiar cada vez máis a quen desprece a unha muller na nosa presenza, aínda que sexa só un mal xesto, se ese mal xesto é simplemente porque ela é muller, “quita , que ti diso non entendes”…. cantas veces escoitámolo. ¡por aí empezamos!

Comecemos a cambiar isto, pídovos un momento só para que vexades este vídeo impresionante que me pasaron fai unhas horas e que non puiden evitar colgar da miña blog, a pesar de que ultimamente estou un pouco leada e bastante cansa, prometo volver á acción deica pouco (pero é o que ten ser nai, traballadora e ama de casa, ou sexa traballadora por partida dobre):
PAPAS Y MAMAS - DADDIES & MUMMIES - video powered by Metacafe

Visto na seguinte dirección: http://saladeproyeccion.blogspot.com/2006/05/paps-y-mams-daddies-mummies-2005.html

A frase do día: “Temos unhas tensións no sistema de sanidade das comunidades autónomas espectaculares, coas urxencias colapsadas porque os inmigrantes descubriron a grandeza do sistema nacional de saúde. Claro, alguén que para facerse unha mamografía en Ecuador ten que pagar o salario de nove meses chega aquí, a urxencias, e fanlla nun cuarto de hora” D. Miguel Arias Cañete, comisión económica do Pp.

Desde logo, nótase que este señor non é usuario da Seguridade Social.

A demais do comentario dos máis xenófobo que oín ultimamente, e a verdade é que ultimamente se están escoitando moitos. Este señor non ten nin idea de como funciona a Seguridade Social. Tampouco debe ter nin idea de para que serve unha mamografía, iso desculparémosllos entre comiñas, porque non é muller. Por iso, igual non sabe que cando lle fan unha mamografía a unha muller, ou a un home, é porque se ten a lixeira de sospeita dun cancro de mama, e iso non é calquera cousa. Non debemos frivolizar sobre un tema tan grave.

Normalmente as mamografías, non se fan de urxencias, son derivada polo médico de cabeceira ou pola Seguridade Social, que nos envía ás mulleres a partir dunha certa idade unha carta para que pasemos unha revisión. Evidentemente ás veces as mamografías, non son de revisión, senón de urxencia e nese caso, é cando cha fan, aínda que non creo, de ningunha maneira, que tarden un cuarto de hora en facercha. Aí é onde se nota o total descoñecemento da materia por parte do señor Cañete.

Exemplo: Unha muller que se dá conta de que ten un vulto nun peito, salvo que sexa un vulto como unha canica, vai ao seu médico de cabeceira, este derívalle á seu xinecologo (de urxencia no mellor dos casos), o xinecólogo dáche un volante para unha proba (de urxencias, tambien no mellor dos casos). Así que polo menos pasan 2 días, non un cuarto de hora, sr. Arias Cañete. Logo esta señora aparece no día e hora sinalado no servizo asignado e igual ten que esperar unha hora ou dúas, é o norma.

No peor dos casos posibles que a señora ou señor notásese o vulto do tamaño dunha canica e do susto fose directamente a urxencias, igual ten que esperar como mínimo unha hora a que o atendan, logo deriváseno a un especialista de urxencias, e logo faranlle a proba. Neste caso non lle auguro menos de de 3 ou 4 horas. Pero neste caso, calquera urxencia é necesario, porque no caso do cancro, toda urxencia é necesaria.

¡Ai señor Cañete, onde foi a parar a caridade cristiá! Xa sabe aquela de o catecismo, de dar para comer ao famento, dar de beber ao sediento, dar esmola ao pobre e curar ao enfermo.

Para buscar as causas dos colapsos de urxencias, non hai que ir buscalas ao estranxeiro, é culpa dunha mala xestión da Sanidade pública, cando se primou o déficit 0, diminuíndo médicos, ou policías, por exemplo. Poñamos máis médicos e máis hospitais e xa verá como se deixan de colapsar as urxencias. Convertamos os médicos en funcionarios ben pagos, que cumpran as súas oito horas de rigor, como calquera traballador, que traballen en exclusiva para a Seguridade Social, e tamén se acabarán os colapsos. Non poderemos evitar nunca de todos os xeitos, que cando haxa unha “epidemia” os medios habituais quédenllenos curtos.

Unha usuaria habitual da Sanidade pública.

Como algúns xa sabeis, porque non me canso de repetilo apenas teño tempo para nada. Todo o día a correr, a miña vida é unha carreira a contrareloj desde as 7 da mañá ata as 9 da noite non paro. Despues de ler un pouco con Pedro, ás nove e media, e cun pouco de cea, tírome (literalmente) no sofa e a ver o que me boten.

Realmente o que me boten: non. Unha ten os seus gustos. Gústanme as series. Fai uns anos era máis de películas, pero, entre que a maioría que botan son americanas dos últimos tempos (que non teñen nada que achegar á sétima arte) e que, entre anuncios e demais, duran ata as tantas, pois se me quitaron as ganas de velas. Ademais as que me adoitan interesar xa as vin antes en vídeo e, as menos, no cine (para iso xa non teño apenas tempo e paréceme abusivo o prezo das entradas)

O caso é que nos últimos tempos fíxenme afeccionada ás series. As españolas sígoas pouco, para algunha que empezo a facerlle un pouco de caso, cámbianma de horario, e como non me interesa “Aqui non hai quen viva”, “Aida” ou “Os Serranos” téñome que aguantar. Así que só quedan as americanas.

anatomiagrey.jpg

A miña serie favorita nestes momentos é “Anatomía de Grey“, ademais das obvias razóns que comentei anteriormente, gústame porque ten algo de comedia de situación: moitas historias que se cruzan, sen chegar á perversión doutras series, onde todos léanse con todos (paréceme unha absoluta falta de recursos por parte dos guionistas)

Tamén me gusta moito “House”, sobre todo por el, porque o imos a negar. Ten ese punto de “mala-leche” que mosquea, sobre todo para ver onde se vai a equivocar, porque aínda que non o pareza equivócase constantemente, “ao final, nunca é lupus”

Pero realmente o que máis me gustan non son as series de médicos, senón as de policías, pero xa nada me sorprende, ¡tantas vin! (desde “Starsky e Hutch” e os “Homes de Harrelson” ata “Irmáns e Detectives”, pasando pola memorable “Brigada Central”). Agora a que máis me gusta é “Monk” e “The Closer” (Roberto enfádase comigo porque di que a tipa é moi fea, non sei, penso que cando unha muller é a xefa a moitos non lles gusta).

Pero xuntando os dous tipos de series anteriores, chegardes ás realmente que máis me gustan: as serie de forenses, se, xa se que estais pensando en C.S.I, pero non, as que me gustan máis son “Bones” (é en realidade dunha antropóloga forense, un pouco máis “científica”) e sobre todo “Crossing Jordan” (a clase de muller independente e segura de si mesma que a todas nos gustaría ser)  , recoméndovola.

Pero como vos dareis conta, todas as serie menos unha, son protagonizadas por mulleres, (a verdade que duas, pero en House a xefa é unha muller con carácter), o cal levábame a comentarvos o meu descubrimento deste ano (¡como fío os temas!): “Men in trees”, unha mestura de 2 das mellores series que botaron nunca na vida na televisión: “Doutor en Alaska” (todos preguntámonos porque a puñan a esas horas) e “Sexo en Nova York” (a serie que nos fixo crer ás mulleres que os “tíos bos” tamén existen: nalgún sitio, non se sabe onde, pero dalgún sitio tiñan que saír tantos).

Pero como non todo ían ser encomios, entre as series tamén hai bodrios inaguantables, como a nova de David Duchovny (síntoo para os fans de “Expediente X”, pero ha caido moi, pero que moi baixo): “Californikation”, o nome xa o di todo, é realmente vomitiva, e non me interpretedes mal, non me refiro ás escenas de “erotismo” gratuíto, non, refírome á falta de ideas dos guionistas, moi malos, non: “soberanamente” malos.

Esta entrada foi inspirada por un post de Breogain en “A ponte vella”

bici.jpg

O meu agasallo de Reis,… ¿será este un dos propósitos deste ano novo? ¿Qué creedes que pensan os Reis: que debo baixar algúns kiliños ou facer un pouco “MÁIS” de exercicio?

Admítense apostas,….

Orgranigrama empresa

Sobran as palabras.

A min sóame moito, case me pitan os oídos ¿a ti non? Xa,xa,xa, ¿a que es o adxunto á dirección do Departamento de Xestión da Demanda?

Bo, só comentar que as pre-Nadais son moi estresantes, tantas cousas que facer en tan pouco tempo. E iso que unha é previsora e xa ten comprado algúns agasallos en novembro, pero aínda así píllame o touro, este ano coas postais do Nadal: “Quen moito abarca, pouco aperta”, pero sempre acabo saíndo de todas as lameiras nos que me meto, máis tarde ou máis cedo.

Para facervos máis doce a espera, mentres non fago ningunha entrada de verdade ou algún comentario máis ou menos interesantes noutros blogs que leo, déixovos un vídeo de “Luar na Lubre” que vin no programa “Miraxes” da Galega, gustoume tanto que quero compartilo convosco.

Tamén recordarvos que nestes Nadais compredes música galega, é unha boa opción para calquera bo agasallo. Biquiños……

A petición do persoal, cólgase a receita da SUPER TARTA DE QUEIXO.

Se que fago mal, porque a partir de agora, non serei xa “Carmen, a que fai a “super-tarta” de queixo”, será unha máis da chea das que fan a SUPER TARTA DE QUEIXO

Non me enrolo máis, e aí vai:

INGREDIENTES

6 quesiños (dos do Caserio de toda a vida ou similares)

6 ovos (de galiña, claro, de aveztruz non valen)

2 iogures naturais (logo utilizaremos un deles como medida do resto de ingredientes). Pódense usar de vainilla que lle dan un toque especial (truqui da casa)

4 vasos de leite (utilizamos o envase de iogur como medida)

2 vasos de nata líquida (eu vouto directamente 2 paquetes dos pequenos de nata)

3 vasos de azucre (como non me gusta moito o doce, eu vouto un pouco menos: 2 vasos ben cheos)

2 vasos de fariña.

PREPARACIÓN

Acéndese o forno á máxima temperatura (primeiro paso imprescindible)

Vanse botando todos os ingredientes nun bol grande. Unha vez todos no bol, mestúroo ben coa batidora.

Se unta un molde grande (eu uso un deses de cristal) con manteiga e se espolvorea con fariña e repártese uniformemente polo molde (é para que non se pegue)

Vértese o contido do bol no molde e introdúcese no forno. Ao cabo dunha media hora picar cun tenedor para ver se está, se o tenedor sae limpo xa o podemos sacar. Creo que o meu forno non funciona moi ben e ao meu lévame máis de 3/4 de hora.

¡Non esquecervos de apagar o forno!

Unha vez desvelado o segredo, ídesme a dicir que levo eu, cando me inviten a comer ¿eh? Acéptanse suxerencias…

O noso himno galego cumpre cen anos. Concretamente se estreo na Habana o 20 de decembro de 1907 a letra é o poema de Eduardo Pondal “Os Pinos” e a música de Pascual Veiga.

Non é tan largo como eu pensaba,… ¿non?

Que din os rumorosos
na costa verdescente,
ao raio transparente
do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

-Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confin dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
Fogar de Breogan.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso rouco son,
mais sóo os ignorantes
e férridos e duros
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, dondequer, xigante
a nosa voz pregoa
a redezón da boa
Nazón de Breogán.

Anécdota: Eu xa o cantaba en Cádiz (no autobus de Marina, xunto coa a Salve Mariñeira), hai moitos, moitos anos, sin saber si quera o que significaba, pero sempre me gustou. Iso si, recordo que non pasabamos dos catro primeiros versos e sempre rematabamos co “Fogar de Breogán”, de feito, eu pensaba que o poema se chamaba así: “Fogar de Breogán”.

Primeiro unha versión das Leilia,,,,,

Esto é para non poñerme tan solemne que non é o meu estilo:

Por certo recomendovos Air Galicia ¿ou será Galiza…..? (Non me gusta nada iso de poñer os signos de interrogación só ao final das frases)

Publicou recentemente meu primo Andrés no seu blog esta foto, que me trouxo lembranzas de 2 veráns indelebles da miña vida….


Dou unha pista: está relacionado coa foto que aparece na cabeceira do meu blog en castelan.