Algo se está cocendo!

Próximamente ……

Pues yo también me apunto al sorteo de Forat.info, gracias Hanok por contarme como amigo. Yo sin embargo, no tengo (bueno, sí que tengo, pero ya están invitados, que conste…), y cómo dice Rick, le paso este “meme” a las personas que sigo:

- Dos primos luchan contra la tecnología

- Blog del equipo de Waterpolo de Pontevedra

- Marcus

- Un día horrible cómo técnico de ordenadores

Buf! qué complicado es esto….con la de gente que sigo…y no soy capaz de juntar a cino para enviarle esto…

- SAILEFM

Bueno, ahí van los 5. Por respeto a mis invitados, escribo este post en castellano. Pero que no se vuelva a repetir!.

Dende ElPais.com descubro que xa se pode falar por teléfono dende o avión, a partir de 3000 metros de altura, e cun límite de 6 persoas simultaneas para voz, e ilimitadas para sms.

Para algún, pode resultar unha boa nova, pero persoalmente, eu prefiro un avión en silencio e tranquilo, que non, 6 tipos dando voces por teléfono. E menos mal que existe o tope de 6 perosas…que cando poidamos todos usalo, vai ser un descontrol.

Eu, prefiro os avións sen teléfonos, polo menos, podes durmir tranquilamente. :)

Visto en: ElPais.com

Hoxe estiven instalando o Sharepoint Services 3.0, e cando comezaba a instalación me saltaba un erro de que necesitaba te-lo ASP.NET 2.0 cómo extensión permitida no IIS, e que o único que podía facer era volver reinstala-lo IIS. Despois de googlear un pouco, descubrín que si instala-lo .NET Framework 2.0 despois do IIS, éste último non colle dita versión.

Entón, o que temos que facer, é instala-lo .net framework antes de nada, despois instalalo IIS e se isto non funciona, abrimos unha ventana de liña de comandos:

cmd > cd c:\windows\microsoft.NET\Framework\v2.0.50727

cmd > aspnet_regiis -i

Listo!, este comando o que fai, é rexistra-la librería aspnet_isapi.dll no IIS, o que nos permitirá continua-la instalación sen ningún problema.

Actualización: podes atopar mais información detallada aquí

Muxicas.com tamén se actualiza, e pasa á WP 2.5.
Poría un detalle do que tés que facer, pero xa hai miles de usuarios por ahí, así que busca un pouco e seguro que atopas algún.

Cando estou cos meus compis e salta o tema do coste das vodas, sempre hai discusión, xa que hai algún que dí que son un negocio e o resto, opinamo-lo contrario, NON SON UN NEGOCIO!.

Según esta nova, sacada de “La Voz de Galicia”, o coste das vodas en Galicia sube aos 19.550€ para 100 invitados. Facendo as miñas contas, resulta, que aínda que o total dos invitados te regale cartos, e que a media, andará por 125-150€ por comensal:

100 x 150 = 15000

15000 - 19550 = -4550

Um, eu non son un hacha nas matemáticas pero a mín non me dan as contas. Nunca é un negocio, agás que vivas delas :).

Vía: La Voz de Galicia 

Se de repente te entran unhas ganas insaciables de aprender inglés e te apuntas a HomeEnglissh ou CCC ou mercas un dos miles de coleccionables que existen, antes diso, repito, ANTES de todo iso. Escoita este podcast (dura 1hora pero vale a pena, sobre todo, a partir do minuto 11, o profesor é un crack):

Download audio file (20071001.mp3)

Se tés problemas para reproduci-lo, proba dende aquí ou podelo baixar para escoitar noutro momento.

As veces…sinto vergoña allea

Vía: Vaughan Radio

Download audio file (CloverdalesCorner_01_10_2007.mp3)

Sí, OCNI, dixen ven, é o nome da empresa que acaba de arranca-la miña irmá, qué cómo xa vos dixen, dedicaránse á imaxe corporativa (logos, imaxen empresarial, campaña publicitaria, e todo o relacionado có mesmo). Así que xa sabedes, se algún día vos preguntan por unha empresa así, xa sabedes qué responder. :). Son moi boas. Xa gañaron algún que outro premio en carteis de festas e logos para corporacions varias.

Vía: OCNI

A miña irmá acaba de montar unha empresa con unha compañeira de imaxen corporativa e comunicacións, deséxolle dende aquí toda a boa sorte do mundo. Sorte IRENE!

Crear unha empresa - La Opinión

Obstáculos dunha muller xoven ao crear unha empresa

Antes de configurar unha copia de seguridad en Sql Server 2005 asegúrate que existe unha entrada no rexistro do sistema coa clave BackUpDirectory e a ruta por defecto que queres que se use.

A ruta no rexistro é: HKEY_LOCAL_MACHINE\SOFTWARE\Microsoft\MSSQLServer\MSSQLServer