Así é. Despois dun ano e medio de actividade, de continuas actualizacións e modificacións do blog, de publicación de entradas e resposta de comentarios, cheguei ao punto en que sinto que necesito mudar, e inaugurar un novo blog. Sei que é unha incomodidade para todos aqueles que seguides puntualmente a miña bitácora, pero precisaba comezar de cero de novo.

Teño que darvos as grazas por ter seguido o meu blog case dende o seu inicio ata agora. Para min foi sempre unha grande satisfacción ver que deixabades un comentario nalgunha das miñas entradas, e participabades no blog. Teño que dicir que o mundo das bitácoras abriuse no mesmo día en que tomei a decisión de atopar compañeiros pontevedreses cos que compartir as inquedanzas acerca da nosa cidade. Gustaríame darlle as grazas en especial á Puffo, que foi o que me iniciou nisto dos blogs, e que pola súa culpa son case adicto. Tamén quero darlle as grazas aos que fostes fieis ao meu blog, coma Breogain, Brugal, César Abal, Carmiña, Dani, Lolly, Fernando da Brea, Nel, e un longo etcétera. Grazas polo voso interese.

Pero o meu andar no mundo dos blogs non remata aquí. Esta é a derradeira entrada neste blog, pero nin moito menos a derradeira bitácora. Radio Macuto pecha as portas, pero ábrense outras dúas: “A Eiriña de Pedra” (en galego), e "Pereza" (en castelán). Si, estas serán as dúas novas bitácoras. Decidín facer unha en castelán, porque encántame ler e escribir en castelán, e necesitaba, de cando en vez, escribir algo neste idioma. Estades convidados a participar en calquera das dúas bitácoras, e deixarme unha morea de comentarios (que xa o estou desexando).

Espero que vos gusten as novas bitácoras, e que gocedes tanto como gozastes con estas que agora pecha definitivamente a súa porta. Mándovos un saúdo e espero atoparvos moi pronto.

Unha aperta. ¡Ata pronto!

Dame auténtico noxo escoitar a palabra "esquerda" e "socialismo" da boca do presidente Zapatero. E non é porque non teña motivos, que ter, os teño. Os dous grandes motivos ten moito que ver coa actitude do PSOE no Parlamento Europeo: a aprobación da directiva de retorno para os inmigrantes sen papeis, e o acordo pra ampliar a xornada laboral a 65 horas semanais. Vaiamos por partes:
A directiva de retorno establece que un inmigrante ilegal poderá ser retido ata 18 meses, mentres se formaliza os trámites para a súa repratiación. Os centro de internamento, moi semellantes (ou peores) ás cárceres, xa foron calificadas por algúns grupos políticos (coma o BNG ou o UPD) de "guantánamos españois". Rajoy xa aproveitou a oportunidade de dicir que non chamaría "xenófobo" ao presidente do goberno, supoño que porque el tamén está dacordo con esta nova directiva europea. Paréceme incrible que unha persoa, un ser humano poida ser retido durante un ano e medio tan só polo feito de ser ilegal, e non ter cometido ningún delito. Unha vergoña e un claro retroceso nos dereitos humanos. ¿E que foi o que fixeron os socialistas españois no Parlamento Europeo? Pois votar a favor, e renunciar a presentar ningunha enmenda á lei, para obter unha boa parte dos 676 millóns de euros do Fondo Europeo de Retorno. Unha vergoña.
Por outra banda, os socialistas españois abstivéronse na votación sobre a ampliación da xornada laboral ata as 65 horas semanais. En principio a xornada laboral deberá contar, coma máximo de 48 horas semanais, puidendo ser ampliables ás 65 horas sempre que exista un acordo entre o empresario e o traballador. É dicir, que de media, ao día (e traballando o sábado), o asalariado fará un total de 10'8 horas, case 11, unha aténtica aberración contra os dereitos do traballador. Outra vergoña.
¿E é este o goberno que presume de ser de esquerdas, de ser socialista? Eu vexo que cada vez máis o PP e o PSOE son iguais, e chegará un momento en que sexa case imposible distinguilos. Outra crítica que quero lanzar é contra Europa, que certamente, cada vez máis, afastándose do idealismo social do que presumía no século XX, e aproxímase máis ao capitalismo máis duro e radical.
¿Qué será de Europa? ¿Onde están os movementos sociais? ¿Onde quedou o maio do 68? De verdade que se nota que Europa está dominada pola dereita, con Sarkozy en Francia, Berlusconi en Italia, Merkel en Alemania, e agora en España, con Zapatero.
¡VIVA O SOCIALISMO ESPAÑOL!
Estes días o xornal "El Mundo" está recollendo firmas a favor do manifesto presentado por un número importante de escritores e intelectuais españois, dende Savater, ata Delibes, ademais de grupos políticos como o PP, e outros. No manifesto pretender pór de relevo a importancia de ter todos unha língua común, e denunciar os constantes ataques sufridos pola lingua castelá nas comunidades bilíngües e a imposición dos dereitos dos cidadáns por riba dos do territorio ou da lingua.
Lin con calma o manifesto, e o certo que estou dacordo con case todos os puntos. Unha lingua nunca pode ser imposta a ninguén de forma unilateral. Nin dun lado nin do outro. Ninguén pode impoñerme o galego, coma ninguén pode impoñerme o castelán.
É certo que aínda que as institucións autonómicas pretendar acadar o máximo teito competencial bilingüe, iso non xustifica a imposición dunha lingua coma único vehículo, exclusivo e primordial en educación, ou nas relacións coas administracións públicas.
Evaluando o que acontece na nosa comunidade, analicei os dous puntos nos que según o manifesto ten lugar un maior abuso: nas relacións coas administracións públicas e na educación. En canto a educación, o último decreto aprobado polo Parlamento galego (que temos que lembrar que estivo a piques de ser abalado tamén polo Partido Popular), di que cando menos o 50% das materias impartidas terán que ser en galego. Creo que se a metade das materias é en galego e a outra metade en castelán é un bo reparto para as dúas linguas.
En canto a relacións coas administracións públicas, a maioría dos formularios das administracións públicas, universidade, sanidade, etc, ou os nomes dos edificios públicos e vías públicas son en galego, única e exclusivamente. Coido que non lles costaría moito facelos bilingües para que ninguén atope demasiados problemas. Con todo, cando acudo as admnistracións, en xeral dirixense na língua que empregue, sexa castelán ou galego, e nunca tiven problemas.
Nembargante, é necesario lembrar que o español chea cada recodo e recuncho da nosa vida cotiá, o castelán forma parte de cada intre de todos os días, e dicir o contrario é unha auténtica hipocresía.
Pode que ese manifesto sexa máis necesario en Cataluña ou no País Vasco, pero en Galicia o dubido moito. De feito, se o aplicásemos na súa totalidade na nosa comunidade, coido que único que tería que reformarse serían os formularios escritos únicamente en galego.
¿Están en perigo os dereitos dos castelán-falantes? Dubídoo, e moito. Porque eu son castelán-falante, e xamáis nos 27 anos que levo vivido en Galicia sentinme discriminado por iso.
Onte, por fin, fun mercar a nova bicicleta. Non foi sen tempo. Levo xa máis de dous meses dándolle voltas, a ver cal era a máis axeitada. Ao final, optei por mercala no Decathlon de Santiago. A elixida foi unha B'Twin 7. Pareceume a apropiada pra min, tendo en conta que non son profesional, que é tan só por practicar un pouco de deporte, e que podo empregala tanto na estrada, como nos camiños. Pareceume lixeira, e estéticamente gústame. Agora xa podo gozar de longos paseos coa bicicleta por Pontevedra e os seus arredores.

Ademais onte vin cómo colocaban os novos aparcadoiros para bicis ao principio de Benito Corbal, xusto detrás da Peregrina.

Tamén os porán en outros puntos da cidade, dentro do programa que está a desenvolver o concello de Pontevedra, chamado "Ponte en bici". Alédome desta nova, unha excusa máis para saír en bici pola nosa cidade.
Grazas a un blog dunha pontevedresa, puiden ver este corto sobre a violencia de xénero. O video é moi ilustrativo, e creo que non é necesario que engada ningún tipo de reflexión ou comentario acerca das imaxes, porque falan por si mesmas.


Hoxe espertei máis feminino que nunca. Quén o diría. Se antes o estereotipo de que os gais somos como as mulleres soaba con forza, agora hai unha nova argumentación para reforzar esta idea. Resulta que os meus miolos, que onte eran normais, hoxe están “feminizados”. Manda truco. A metade dereita do meu cerebro é máis grande que a metade esquerda. Ademais procesamos as emocións de xeito semellante ás mulleres, xa que a nosa amígdala conecta máis pola esquerda que pola dereita. Iso é o que se desprende dun estudo do Instituto Karolinska, en Suecia. A ver se ao final iso de que somos “desviados” é verdade.

Despois de ler a nova con calma, e reflexionar un pouco acerca da sexualidade, e do concepto de masculinidade - feminidade, quedei máis calmo. Lembro que unha vez chamaron a miña casa para facer unha enquisa. Non tiña nada que facer, e como era a primeira vez que facía unha enquisa por teléfono, díxenlle que non me importaba responderlle. Penso que a enquisa era sobre os homes maltratadores, porque algunhas preguntas ían sobre esta cuestión.

Unha das preguntas era moi estraña: “¿Síntese vostede moi masculino, masculino, nin masculino nin feminino, feminino, ou moi feminino?”.

Por un intre non souben qué responder. “Non sei”, dixen. ¿Qué era aquilo de “sentirse” masculino, ou feminino? ¿Cales son as condutas “masculinas” e “femininas”?

A ver, vaiamos aos tópicos. O masculino é forte, dominante e agresivo. O feminino débil, sensible e protector. Moitos din que isto vese na natureza, nos animais. Ben, máis ben nos mamíferos. Porque nalgunhas especies (e non poucas), a dominante e agresiva é a femia.

Pero, ¿Qué acontece cos seres humanos? Pois depende da cultura. Na occidental, europea, a muller, tradicionalmente é o sexo “débil”. Nembargante no mundo, existen culturas matriarcais, onde a que goberna e manda é a muller. Pero deixémonos de andrómenas. A cuestión é ¿son máis masculino que feminino ou ao revés?

A ver. Non son unha persoa dominante, e odio a agresividade. Isto descarta a posibilidade de que sexa masculino. Por outra banda, tampouco son débil nin me considero especialmente sensible (o normal), o cal tampouco me converte en feminino. ¿E logo que son?

Eu na enquisa respondín, finalmente: “Nin masculino, nin feminino”. Se me preguntara: “¿es home ou muller?”, a resposta é clara, teño órganos sexuais masculinos, e síntome a gusto sendo home, non quero cambiar de sexo. Son home.

Agora din que teño o cerebro “feminizado”. Eu non me sinto muller. Nin quero selo. Ademais non sei que é pensar coma unha muller, nin como un home. Non me gusta o fútbol nin os programas do corazón (e teño amigas que lle gusta o fútbol, e amigos os programas do corazón, todos eles heterosexuais). ¿Ata que punto inflúe ter un cerebro parecido ás mulleres? ¿E que agora son máis sensible? ¿Ou máis maternal? Nin me emociono cunha película romántica, nin teño ganas de ter fillos. ¡Contra! ¡Que non o entendo!

Creo, finalmente, que moitas das actitudes “femininas” ou "masculinas" están marcadas pola sociedade, pola cultura, e non ten nada que ver co sexo, ou a sexualidade da persoa. Se un neno xoga con monecas, non é homosexual, ou máis feminino, e se unha rapaza xoga ao fútbol non é un “macholo”. Son estereotipos e prexuízos, que nada teñen que ver co que realmente é un.

Paréceme ben que fagan estudos sobre a homosexualidade e a súa causa, pero polo menos cando publiquen os resultados non os traduzan ao pobo dun xeito demagóxico e pouco ético.

Cada un que viva en liberdade e sen prexuízos.

E agora, unha pregunta que vos lanzo é: sodes heterosexuais, e despois dun escáner ven que tedes un cerebro “homosexual” ¿qué pensariades?
Hai moito tempo, nunha clase de língua galega, lin o texto de adiante. Non sei por qué, o lembro bastante ben, supoño que porque me gustou e sentín certa pena. É por iso que quería deixarvos aquí esta pequena historia, escrita por Castelao. Estiven procurando o debuxo feito polo autor para este texto, pero lamentablemente non o atopei. Espero que vos guste.


O pai de Migueliño chegaba das Américas e o rapaz non cabía de gozo no seu traxe festeiro. Migueliño sabía cos ollos pechados cómo era seu pai; pero denantes de sair da casa botoulle unha ollada ó retrato.

***

Os "americanos" xa estaban desembarcando. Migueliño e súa nai agardaban no peirán do porto. O corazón do rapaz batíalle na táboa do peito e os seus ollos esculcaban nas greas, en procura do pai ensoñado.

De súpeto acistóuno de lonxe. Era o mesmo do retrato ou aínda mellor portado, e Migueliño sintéu por el un grande amor e canto máis se achegaba o "americano" máis degaro sentía o rapaz por enchelo de bicos. Ai, o "americano" pasóu de largo sen mirar para ninguén e Migueliño deixóu de querelo.

Agora, sí, agora sí que o era. Migueliño avistóu outro home moi ben traxeado e o corazón dáballe que aquel era seu pai. O rapaz adoecía por bicalo a fartar. ¡Tiña un porto de tanto señorío! Ai, o "americano" pasóu de largo e nin tan siquera reparóu que o seguían os ollos angurentos dun neno.

Migueliño escolléu así moitos pais que non o eran e a todos quixo tolamente.

E cando esculcaba con máis anguria fíxose cargo de que un home estaba abrazando a súa nai. Era un home que non se parecía ó retrato; un home flaco, metido nun traxe moi floxo; un home do coor da cera, coas orellas fora do cacho, cos ollos encoveirados, tosindo...

Aquel sí que era o pai de Migueliño.

(EL PUEBLO GALLEGO, 17-X-1926)
O vindeiro venres, 13 de xuño, ás 20:30 horas, terá lugar a estre mundial das curtametraxes "Palíndromo" e "O Máis Rico (do Cemiterio)", na facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra. ¡Non faltedes ao evento!
Unha imaxe vale máis que mil palabras...

(Viñeta de Forges, extraída del periódico "El País")
There isn't anything nicer than tearing down old barriers of preconceptions and preconceived ideas. Today it's a great day for United States, as it has been chosen Barack Obama like candidate to be the president of the UE, the first black candidate. I'm really happy for this choice. I think it shows longing of change in the american society and politics. These elections will be remembered because it's was the first time that a black man and a woman disputed the candidature to the presidency.
It's difficult, really hard, for european people, imagine such event in the UE, when we have the preconceived idea that american society is very conservative and religious. I think this is a good oportunity for the americans to demostrate to the world that they have got capacity to make progress, and improve their international relations. And I think the choice of Obama like candidate it was a very good point to relaunch their country.
I'm sorry for my english. This is the first time I write in english in my blog, but I wanted to dedicate this post to my lovely friend Ismahan, a english black girl, who helped me to tear down stupid barriers they don't let grow our best feelings. Thank you, Ismahan. I miss you.
Onte estaba traballando na farmacia, cando unha das miñas compañeiras achegoume ata as miñas mans unha lista de sinaturas. O primeiro que me veu a cabeza foi o pulso que manteñen os bombeiros de Pontevedra fronte ao Concello (que por certo, xa firmei), pero antes sequera de poder lelo, díxome ela: "É polo de Mari Luz". Lin a primeira liña, onde estaba a demanda dirixida ao Congreso dos Diputados, e dicía algo así: "Pedimos a cadea perpétua aos PEDERASTAS ASASINOS". Sei que dicía algo máis, pero non o lembro. O que si lembro con forza é que escribiran "pederastas asasinos" en maiúsculas, e que pedían a cadea perpútua para eles.
É innegable que fronte a semellantes atrocidades, de abusos sexuais á menores (¡incluso a recén nacidos! ¡Repugnante!), venche por dentro unha xenreira e un sentimento de vinganza, que levaríache a asinar calquer reinvindicación, mesmo a pena de morte. Pero o certo é que hai que ter coidado co que se pide, xa que nós estaremos, tamén, lexislados baixo a mesma lei.
Eu non son xurista, e de feito non entendo moito de leis. Sei que coa nosa Constitución, non se pode aplicar a cadéa perpétua en España, e que como moito, poderíase endurecer as penas, sempre duns límites, que marcarían o que é e non constitucional.
Pero quería reflexionar eiquí sobre os obxectivos fundamentais, ao meu parecer, polos que existe as penas carcelarias en España:
  1. Primeiro, e sen dúbida a que é obvia: a protección da sociedade fronte individuos potencialmente perigosos: terroristas, pederastas, violadores, asasinos, homicidas, e un largo etcétera. É lóxico pensar, que, se estes non están nas rúas, libres, non poderán cometer ningún tipo de delito, nin facer mal a ninguén.
  2. Segundo, e que non parece, a priori, tan evidente: a reinserción social. Si, este é un punto incómodo, xa que os que sufriron o delito, sexa do tipo que fora, non se lles pasa pola cabeza que esa persoa poida voltar a ser, digamos, "civilizada". Este é un punto espiñento, con moito debate: ¿todos os presos poden ser reinsertados? ¿Existe casos en que o convicto non está preparado para saír á rúa? E se é así: ¿E ético deixalo libre?
Sen dúbida non é un tema fácil. Veuse demostrando co tempo, que os pederastas reinciden unha e outra vez no delito, incluso cando xa pasaron polo cárcere. ¿Que é o que falla? ¿Debe considerarse aos pederastras coma "convictos especiais"? ¿Requiren unha maior atención e unha análise máis exahustiva do seu perfil psicolóxico?
Coido que o problema non reside nas penas, senón na rápida aplicación das mesmas. O asasino de Mari Luz puido cometer o delito porque a administración xudicial foi lenta e torpe, non porque non existan penas para os delitos de abusos sexuais a menores. ¿De qué serviría aprobar a cadea perpétua, se despois a xustiza é igual de lenta?
Creo firmemente que non é unha cuestión de endurecer penas, senón de axilizar os trámites xudicias, de xeito que acade o xusto equilibrio entre unha xustiza eficiente e rápida, e o dereito inalienable das persoas a ser inocentes (ata que se demostre o contrario), evitando errores xudiciais.
Tomei un tempo antes de tomar a decisión. Finalmente non asinei o papel. Con isto non penso que os pederastas merezan duras penas de cárcere; todo o contrario. Pero considero, que o cárcere ten que ser un lugar para a reinserción e se non é así, pra min non ten sentido encadear a ninguén. Pero como xa digo, aquí hai moito debate...
¿Os nervios? ¿A presión? Non sei o que puido acontecer onte no partido de ascenso a 2ª no que se bateu o Pontevedra contra o Ceuta. O que está claro é que algo si acontece, son tres anos consecutivos que o equipo granate cumpre durante todo o ano, partido tras partido, e tres os anos que perde na fase de ascenso. A min non me gusta o fútbol, de feito o detesto, pero non podo negar o ilusionante que pode chegar a ser pra os siareiros granates o ascenso do equipo, ademais de repercutir economicamente na cidade.
Eu estou certamente estrañado, porque aínda que non vou vexo nunca un partido de fútbol, non deixa de resultarme chocante que un equipo tropece ata 3 veces na mesma pedra. Un pode imaxinar que os xogadores non están preparados psicolóxicamente para o partido, que a presión e os nervios poden con eles. Habería que buscar, pois unha terapia, pra mentalizar "psicolóxicamente" aos xogadores, fronte a un partido.
Outra posibilidade, e tan só é un teoría sen fundamentos, sen probas, pura especulación, pero que rolda na miña cabeza, e é o tema dos maletíns, de comprar xogadores, ou equipos pra que perdan. Se pasa na 1ª división, que suponse que está moito máis "controlada", ¿por qué non na 2ªB? Coma xa digo, pura especulación sen probas, pero que non dou quitado da cabeza.
A cuestión é que outro ano máis a ilusión transformouse en profunda decepción e sabor amargo na boca dos siareiros.
Tan só queda agardar polo ano próximo, e ter un pouco máis de sorte, ou valor pra gañar o partido. Dende aquí mándolle un saúdo a todolos siareiros granates, que arriba o ánimo, e que temos un ano enteiro pra emendar os erros cometidos, e voltar a 2ª división A.
Este podería ser o titular dun xornal nos anos 80. Pero non é así. É do ano 2007. O coñecido opiáceo superou en mortalidade na capital catalana a outros factores, como os accidentes de tráfico e os suicidios. Foron 90 o total de mortos debido ao consumo do estupefacente, que o coloca coma a primeira causa de morte (non natural, obviamente) en homes entre 15 e 40 anos.
Paréceme incrible que despois da penosa experiencia que vivimos en España nos anos 80, esta droga volvar a ocupar a cabeceira de mortes dunha gran cidade coma Barcelona. Cabe preguntarse se a mocidade actual está moi relaxada fronte a este tema, sexa porque non viviron aqueles anos, ou porque as campañas de concienciación xa non surten efecto.
No caso de Pontevedra non teño ningunha información ao respecto, e tampouco sei se a evolución é baixista, continuista ou alcista. Pero si podo afirmar que o consumo de heroína aínda existe na nosa cidade, e que é un problema de todos, que debemos atallar. Eu saio cada día abraiado da farmacia pola cantidade de "kits anti-sida" que vendemos (os empregran os drogadictos pra non contraer a enfermidade). Tamén me sorprende que hai xente moi nova que consume a droga.
Como dixen, non teño datos, pero si feitos.
Debería incidirse máis entre a mocidade sobre os efectos das drogas, e tratar de desintoxicar aos drogadictos, para posteriormente integralos en programas de reinserción social. É un problema que non podemos ignorar, que pode chamar a nosa porta, ou á do veciño. As administracións públicas, sobre todo a Consellería de Sanidade, que é a que ten maiores competencias, deberían dobregar os esforzos na prevención de consumo de drogas e información da poboación, sobre todo entre a máis moza.
Esperemos que se chegue a unha pronta solución a este problema que destrúe familias e comunidades.

Os antigripais engloban unha serie de "cócteles" de medicamentos para o tratamento dos síntomas tanto de gripes coma resfriados. Para comezar, hai que deixar claro que as dúas infeccións son debidas ou provocadas por virus, e non bacterias, polo tanto o tratamento con antibióticos é totalmente inútil. Non existe ningún medicamento que "cure" o resfriado ou a gripe, tan só hai tratamentos para "aliviar" os síntomas propios destas enfermidades.
En ocasións aos pacientes cústalles diferenciar entre o resfriado e a gripe. Aí vos deixo algunhas pista que vos poden axudar a diferencialas:

RESFRIADO:
  • O resfriado común ou catarro comeza en xeral con dor de gorxa, e é o primeiro síntoma da infección.
  • Outros síntomas típicos son: unha alta secreción nasal, esbirros e tos. Tamén pode darse sequedade da boca.
  • Os síntomas son máis fortes o 2º, 3º e 4º día, e durar ata unha semana. É rara a aparición de febre.
GRIPE:
  • Unha diferencia importante co resfriado é que o paciente se sinte sensiblemente peor, aínda que este síntoma é moi subxectivo.
  • En xeral a gripe cursa cunha febre alta (entre 38-41ºC), e dor de cabeza.
  • Preséntase unha tos seca e intermitente, sen presenza de mucosidade nas vías respiratorias.
  • Un síntoma moi característico é a dor das articulacións e e músculos (sensación de debilidade e fatiga)
  • Poden presentarse esbirros e conxestión nasal
Estas son a principais características de cada unha das enfermidades. Os tratamentos, coma xa dixen, están dirixidos cara o tratamento dos síntomas. En xeral, os "cócteles" antigripais (ou catarrais) están compostos fundamentalmente dun analxésico-antipirético (é dicir, para tratar a dor e a febre), coma o paracetamol ou ácido acetilsalicílico, e ademáis dun desconxestionante nasal (coma a clorfenamina -que é un antihistamínico- ou a fenilefrina) e un antitusivo (coma o dextrometorfano).
Este tipo de fármacos non requiren receita médica, e polo tanto, é fácil o seu abuso e realizar unha automedicación sen ningún tipo de control. Pero detrás destes fármacos atópanse desagradables reaccións adversas, sobre todo en pacientes poli-medicados.
En primeiro lugar, os analxésicos. Dede diferenciarse, por unha banda, o paracetamol, e por outra todolos demáis.
O paracetamol é analxésico e antipirético, pero non antiinflamatorio. Presenta a vantaxe de non causar dano estomacal, pero pode, a doses altas, causar dano hepático. Debe evitarse un consumo maior de 3 gramos ao día en adultos. Debe evitarse en pacientes con problemas hepáticos (cirrose, hepatite, etc).
O resto dos analxésicos (coma o ácido acetilsalicílico, ibuprofeno, naproxeno, etc), teñen características analxésicas (para a dor), antipiréticas (para a febre) e antiinflamatorias. O problema máis común é o dano gástrico. En tratamentos prolongados pode dar lugar a úlceras gástricas. Tamén afectan a coagulación sanguínea. Deben evitarse polo tanto en pacientes con problemas estomacais e en aqueles con tratamento anti-coagulante (sobre todo se se toma o Sintron). Ademáis poden provocar crises asmáticas, polo que deben evitarse no caso de pacientes asmáticos e nenos menores de 12 anos.
Algúns desconxestionantes nasais, coma a fenilefrina e oximetazolina, teñen un efecto hipertensor, polo que deben evitarse por vía oral cando o paciente é hipertenso. Neste caso sempre será mellor o emprego de antihistamínicos coma a clorfenamina.
Os antitusivos son útiles no caso de que a tose sexa seca, é dicir, sen que non exista mucosidade nas vías respiratorias. Os pacientes deben ter coidado neste punto, e describir ben a tose, xa que se ésta é productiva non debe inhibirse nunca: a mucosidade pode chegar a obstruir as vías respiratorias e dificultar a respiración. Será o farmacéutico ou o médico quen decida o tratamento da tos.
Esta foi unha pequena e rápida visión dos "cócteles" antigripais. Eu, coma farmacéutico, recoméndovos que empreguedes o menos posible este tipo de medicamentos. O que debedes facer en caso de coller un catarro ou unha gripe é moito reposo, inxerir moitos líquidos en forma de xumes, caldos, sopas (se hai febre evítase a deshidratación, e ademais fluidifica a musosidade, co que é máis fácil expulsala, mellorando a tose), e evitar os cambios brucos de temperatura (tampouco convén estar moi tapado con febre alta, xa que deste xeito baixa con maior dificultade, e súase máis, podendo deshidratarse, e empeorando a enfermidade).
E xa o sei... ¿Cómo poño o tema dos antigripais a finais de maio? O calendario di que estamos case en verano, pero o tempo... dime que estamos en pleno inverno.
Hoxe abrín o xornal dixital coma todolos días. Había unha nova que destacaba sobre as demáis: "O seismo que asolou China deixa xa 60.000 mortos e 80.000 desaparecidos". Tendo en conta que o seismo tivo lugar o 12 de maio, fáiseme difícil pensar que despois de 12 días sen comer nin beber nada, poida alguén sobrevivir (aínda que sempre hai algunha milagre). A cuestión é que moi probablemente rematarán falando da friorenta de ¡140.000 mortos! A metade da población de Vigo, o 5% da población galega. ¿E que me dicides do tifón que arrasou Birmania? Ata o último que souben foi que era sobre una 100.000 mortos. Entre os dous países pode que contabilicen máis de 250.000 mortos. Pero, ¿alguén os lembra?
Eu cheguei a unha conclusión: a maior información que recibamos, maior é a nosa indiferencia. Polo menos en cando a cifras se refire. Transformamos unha morte nun número, que para nós carece de valor. Estamos tan acostumados a oír nos medios cifras de mortos (por cáncer, por accidentes de tráficos, por accidentes laborais, por catástrofes naturais), que insconcientemente as neutralizamos, as tinximos doutra cor diferente, para non recoñecelas.
Vouvos poñer un exemplo: se no xornal din que morreron no último ano nas estradas españolas 1.500 persoas, e xusto ao carón que unha nova dun home que se botou dende unha altura de 1.500 metros sen paracaidas, e sobreviviu, estou seguro que será a segunda nova a que máis nos chamará a atención, e a que comentaremos cos nosos amigos e familia.
¿Quere dicir, que as persoas, estamos "inhibidas"? ¿É por unha cuestión de condicionamento informativo polo que nos mostramos tan indiferentes? ¿Non somos quen de ter un pouco de empatía para sentir polo menos un pouco de pena? ¿Ou é a que tan só sufrimos cando nos toca de preto, coma co 11-M?
O único que sei é que 250,000 persoas morreron en Asia coma consecuencia de dúas catástrofes naturais, e que cada unha desas persoas tiña unha nai a quen abrazar, un neno a quen arrolar, un mozo ou moza a quen bicar, xente que procuraba un futuro de prosperidade... e agora non queda nada. Con este post quero lembrar a toda esa xente que nunca máis verá un futuro. Descansen en paz.
Ata o corenta de maio non te quítelo saio. Encántame o refraneiro popular. ¿Para qué queremos ver a predicción meteorolóxica, cando xa temos a nosos avós? Tan só faltan 6 días para xuño, pero semella polo tempo, que estamos a mediados de febreiro. Pero non todo van ser malas novas. Hai unha, e moi boa: os nosos embalses volven a estar cheos. E a modo ilustrativo, deíxovos a gráfica de ocupación dos embalses galegos a día 20 de maio:

Non sei se algunha vez cambiastes a plantilla ao voso blog, pero se vos pasa pola cabeza facelo, douvos un consello: pensádeo dúas veces! Polo menos se o voso blog pertence a blogger, que para unhas cousas é moi bo, pero para cambiarlle a plantilla, un auténtico pesadelo! Levarame un tempo volver a "reconstruir" o meu blog... Mentres, aí vos deixo unha canción que me encanta do grupo Keane, "everybody´s changing". Un saúdo



You say you wander your own land
But when I think about it
I don't see how you can

You're aching, you're breaking
And I can see the pain in your eyes
Says everybody's changing
And I don't know why

So little time
Try to understand that I'm
Trying to make a move just to stay in the game
I try to stay awake and remember my name
But everybody's changing and I don't feel the same

(instrumental)

You're gone from here
Soon you will disappear
Fading into beautiful light
'cause everybody's changing
And I don't feel right

So little time
Try to understand that I'm
Trying to make a move just to stay in the game
I try to stay awake and remember my name
But everybody's changing and I don't feel the same

(solo)

So little time
Try to understand that I'm
Trying to make a move just to stay in the game
I try to stay awake and remember my name
But everybody's changing and I don't feel the same

Perdoade as molestias. Estamos en obras. Un saúdo
O día 4 de maio, hai uns dez días, foi o meu cumpreanos. Xa son 27, e considérome afortunado de poder seguir sumando anos. É nestas datas cando reflexiono máis sobre a miña vida, o que foi, o que é, e o que será. Intentando facer unha análise, avalío con coidado a miña relación cos demais, coa miña familia, cos meus amigos, ou compañeiros de traballo.

Dende a nenez, sempre tiven a curiosa e, ás veces, estúpida pretensión de intentar agradar a todo o mundo, de recibir sempre un sorriso, de facer que o que estaba ao meu carón non tivera medos e a súa angustia fose menor. Isto levoume moitas veces ao fracaso, a non conseguilo e unha decepción que me acompañaba durante un tempo. Recoñezo tamén, que estiven moitas veces trabucado, que non escollín as palabras adecuadas, que non estiven ao cento por cen, pero supoño que iso é unha característica inherentemente humana, sen a que ninguén pode vivir.

Moitas foron as persoas que atopei no camiño da miña vida, unhas seguiron conmigo, outras tan só estiveron por un tempo, pero aínda volven de cando en vez, e moi poucas desapereceron defitivamente nas reviravoltas da vida, para non voltar nunca máis. A case todas as lembro con cariño, i emociónome recordando moitos momentos compartidos. Ás veces me pregunto cómo puiden ter tanta sorte...

Dende hai uns poucos anos, afeccioneime á filosofía. Supoño que a miña condición atea, me empurra irremediablemente a procurar respostas a moitas preguntas, sempre, por suposto, dende un punto de vista racional. Lembro cando era neno, que me facía moitas preguntas, que para mín non tiñan resposta. Iso frustrábame moitísimo. Agora, sinxelamente, creo que moitas preguntas non teñen por qué ter unha resposta única, ou lóxica. Hai cousas que son así; sen máis.

Xa hai máis dun ano que a miña bitácora botou a andar, e hai tempo que quería publicar eiquí unha pequena confesión, que aínda que case todos os meus amigos xa saben, outros non. Para mín xa non ten tanta importancia, aínda que os pequenos pasos son os que fan os grandes camiños, é este pode ser un deses pequenos pasos cara a normalización: son homosexual.

Fago pública a miña condición sexual, non por morbo, ou para chamar a atención. Simplemente quero contribuir, dalgún xeito, a normalización dunha condición que nada ten de "anormal", que hai moita xente que vive calada, de costas ás súas familias e os seus amigos, ocultando un segredo, que co paso dos anos, faise máis difícil de agochar. O certo é que non é unha tarefa sinxela, que un non recibe o apoio da súa familia, ou fai coma se non fora certo (coma é o meu caso). Dos amigos aínda non teño queixa, todos o recibiron dun xeito maduro e normal, aínda que sempre hai temas que lles custa aceptar, coma pode ser o matrimonio ou a adopción.

O outro día lin unha nova do maxistrado Grande Marlaska - que recoñeceu públicamente a súa condición homosexual (de feito está casado) - no xornal "El País". O maxistrado asistíu a un instituto para concienciar aos mozos e mozas na normalización e aceptación da orientación sexual na pubertade. Eloxio profundamente a acción deste home, ¡ogallá tivera tido eu unha charla semellante cando era máis novo! Durante moitos anos pensei na miña diferencia coma unha enfermidade, ou coma un pecado. ¡Bendito o día que me decatei que a Igrexa é unha manipuladora da moral! Afortunadamente xa quedou atrás o tempo dos tormentos relixiosos, e a represión persoal á que me sometín durante moitos anos.

Cada ano que pasa desexo máis libertade, aínda que sobre todo máis normalización do tema. Os homosexuais temos xa moitos dereitos, pero non a suficiente aceptación e normalización social. Eu quería poñer a miña pequena contribución, o meu pequeno gran de area para poder acadar non só esa aceptación social, se non o máis importante: a miña propia aceptación persoal.