
A verdade é que non son gran coñecedor da política internacional, pero o proceso da secesión de Kosovo foi levado sen moita dilixencia, e conlevará inestabilidade nos Balcanes, e conflictos con Rusia. Hai tan só unha semana Rusia ameazou a Ucrania con apuntar os seus misiles cara este país, se finalmente entraba na OTAN. Hai que ter en conta que Rusia e Ucrania son veciñas, e históricamente foron aliadas.
Ademais a independencia de Kosovo ten aínda outro efecto pernicioso: o de alentar aos nacionalistas e independentistas de diferentes países. Algúns países da Unión Europea eran (e son) reticentes a esta ruptura abrupta (como é o caso de Grecia, Chipre, Eslovenia, con problemas internos de independentismo).
No caso de España, a posición diplomática era a do respeto á legalidade internacional, con Nacións Unidas como árbitro de cualquera decisión, e a procura da unidade no seno da UE, o que implicaría aceptar a posición maioritaria. De calquera xeito, nótase que a independencia de Kosovo non gustou a España, polos posibles paralelismos que poidan xurdir no País Vasco ou Cataluña.
¿Qué pasaría se un día o lehendakari decidira a independencia do País Vasco, coa votación no parlamento, e saíse adiante a proposta? Imaxinades o escándalo? Agora a cuestión é: ¿Se o fixo Kosovo, por qué non o pode facer o País Vasco?

Pois iso mesmo é que están facendo agora no noso veciño concello de Marín, onde están construíndo o maior veleiro do mundo, chamado "Sea Cloud Hussar", e botarase o no 2009. Terá unha lonxitude de 135,7 metros, un auténtico xigante dos veleiros.
Eu non sei vós, pero síntome moi orgulloso do noso veciño concello, pode que sexa porque eu fun por case a toda vida marinense. Eu xa estou desexando que sexa 2009 para ver o resultado, ¿ e vós?
En moi pouco tempo tiveron lugar diferentes actos violentos por parte do independentismo galego máis radical. O primeiro e máis preocupante, foi a colocación dun artefacto explosivo nunha urbanización de Miño, por parte da organización terrorista "Resistencia Galega". Non houbo danos persoais, pero si materiais, causando importantes destrozos nunha nave da inmobiliaria Martinsa-Fadesa.A última foi hoxe mesmo, cando un grupo de independentistas radicais intentaron agredir a María San Gil, presidenta do PP no País Vasco. Os grupo radical identificánrose baixo as siglas de AGIR (Organizaçom estudantil da esquerda independentista).
É lamentable que este tipo de episodios estean tendo lugar en Galicia, onde uns poucos queren impoñer as súas ideas baixo a violencia. Dende o meu blog condeno enérxicamente todos estes episodios violentos e apoio a todos aqueles que coa palabra intenta defender as súas propias ideas.
But you pay me no attention, do you?
I know you don't listen to me
'Cause you say you see straight through me, don't you?
But on and on
From the moment I wake
To the moment I sleep
I'll be there by your side
Just you try and stop me
I'll be waiting in the line
Just to see if you care
Oh, did you want me to change?
Well I've changed for good
And I want you to know that you'll always get your way
And I wanted to say
Don't you shiver
You shiver
Sing it loud and clear
I'll always be waiting for you
So you know how much I need you
But you never even see me, do you?
And is this my final chance of getting you?
But on and on
From the moment I wake
To the moment I sleep
I'll be there by your side
Just you try and stop me
I'll be waiting in the line
Just to see if you care, if you care
Oh, did you want me to change?
Well I've changed for good
And I want you to know that you'll always get your way
And I wanted to say…
Don't you shiver
Don't you shiver
Sing it loud and clear
I'll always be waiting for you
Yeah I'll always be waiting for you
Yeah I'll always be waiting for you
Yeah I'll always be waiting for you
For you, I will always be waiting
And it's you I see
But you don't see me
And it's you, I hear
So loud and so clear
I sing it loud and clear
And I'll always be waiting for you
So I look in your direction
But you pay me no attention
And you know how much I need you
But you never even see me
Procurando la páxina da BBC a sección de "learning English", entrei nas novas da BBC. De súpeto leo que no mercado de Camden está tendo lugar un incendio de grandes dimensións, que require a intervención de máis de 100 bombeiros. Non daba crédito. Tan só hai 6 días eu estiven alí, rebuscando entre as pequenas tendas, vendo aos punkies máis estrafalarios do Reino Unido, e finalmente comprándome unha gorra típica do Reino Unido e Irlanda, que chaman en inglés flat cap (se pinchades aquí veredes un exemplo).Esperemos que finalmente o incendio non chegue a afectar gravemente a un dos máis emblemáticos mercados de Londres.
Unha nubes negras avanzaban no ceo, cubrindo cada anaco azul, cada raio de sol, detendo o tempo. Chegaba un son repetitivo, xusto e simétrico, pum pum, coma se fose un latexo, zumbando nos oídos. A súa procedencia semellaba afastada do noso mundo, máis aló do horizonte.
Ninguén falaba na rúa. Todos miraban cara arriba, temendo e fuxindo, de si mesmos, de todo. No campo os sachos non sachaban. O gando non pastaba. Os dóciles animais toleaban, bramando e muxindo; os animais salvaxes procuraban un agocho profundo e fresco.
De súpeto o vento deixou de soprar. A calor fíxose máis intensa, e o aire aínda máis viciado. Un primeiro refacho sacudiu con forza a cidade. Bateu contra os cristais, esmagándoos, reducíndoos a un lixeiro po brillante. O vento bruou por un intre e despois silencio. A madeira xemeu e retorceuse en imposibles formas.
O latexo deixou de escoitarse, e os oídos comezaron a zoar . A calor e o proído na pel anulaba calquera outro sentido. Os tecidos do corpo e das roupas mesturáronse nunha amalgama xelatinosa. A xente berraba. Todo era confusión e morte. Era peor que a fin do mundo. Era a fin da humanidade.
Eu non son xornalista. Nin moito menos. Xa bastante traballo da un blog, como para poder imaxinar o que é ser xornalista: procurar a nova, informarse ben, estar seguro e sobre todo procurar ser obxectivo.Sorpréndeme bastante a nova, xa que como todos podemos intuir polo título, o que queren insinuar, dun xeito pouco ético, é que a orde de afastamento provocou a morte do home. Sorprendente.
Eu non son médico, e polo tanto non podo xulgar. Tampouco coñezo o historial médico deste pobre home. Pero se o home morreu debido unha parada cardíaca dubido moito que fóra por dormir dous días nun coche.
Non me parece ético que pretendan inducir a xente a crer que as ordes de afastamento son inxustas, ou crueis. E se non era iso o que pretendían, senon procurar o morbo da nova, sen ningún tipo de escrúpulos, tal vez é aínda máis noxento.
Por favor, señores xornalistas, procuran ser obxectivos, e eviten sesgar a verdade ou relatar as historias do xeito máis morboso posible. Hai seres humanos detrás desas historias. Un respeto.

O sector servizos fixo estragos no mes de xaneiro, rexistrando a maior suba de paro da historia, un total de 130000 parados máis nun só mes. O índice PMI de actividade no sector servizos acadou o seu peor valor mensual, ata os 44,2 puntos. Ademais, os 50 puntos supoñen a barreira que separa o crecemento da contracción.
O índice de producción industrial descendeu en decembro un 2,4%, o peor dato dende 2004.
Por último a confianza do consumidor caeu dende os 72,3 ata os 70,9. Nos últimos 12 meses acumula unha caída de 19,7 puntos.
O boom económico que viviu España nos últimos anos, apoiados no consumo interno e na construcción, esbaécese baixo o fume levantado polo estoupido da burbulla inmobiliaria.
O goberno, sabedor de que aparición dunha crise económica en plena campaña electoral, que fará menguar considerablemente as súas posibilidades de sacar ventaxa ao PP e gañar as eleccións, tenta por todolos medios minimizar a importancia dos datos económicos.
Non é de extrañar que moitas voces dentro do partido socialista quixeran adiantar as eleccións, temorosos da crise económica.
Agora tan só queda agardar como de profunda será a crise, e as medidas que pensan tomar os candidatos á presidencia do goberno para atallala.
