O director xeral de Xuventude da Xunta admitiu no Parlamento que o Goberno bipartito nunca reuniu á Comisión Interdepartamental de Xuventude, admitindo así que a mocidade é un dos sectores máis esquecidos polo Goberno de Touriño.

O feito de non ter reunido á Comisión Interdepartamental de Xuventude nos máis de tres anos transcorridos desde o cambio de Goberno en Galicia revela a falta de transversalidade das políticas da Xunta dirixidas á mocidade.

Ao tempo, tamén pon de manifesto que o actual Executivo presenta un cumprimento “cero” do pacto de Goberno en materia de mocidade.

A Comisión Interdepartamental de Xuventude, na que están representados todos os departamentos autonómicos, a Fegamp e mailo Consello da Xuventude de Galicia reuniuse por última vez na pasada Lexislatura, cando o Conxuga esta presidido aínda polo actual deputado autonómico Lage Tuñas.

Tarde, mal e arrastro.
Poucos políticos conseguen facer historia. A maioría transitan por ela, deixanse levar polos acontecementos e se conforman con facer pequenas aportacións que o tempo irá disipando.

Ós grandes homes da historia débeselles ser importantes nalgún momento porque non caeron na pasividade, no relativismo máis constante ou na sencilla posición de agardar a que os devanditos sucesos acontezan.

Persoas imperecederas contra ventos contrarios e derruídos; facéndoo acordes á súa conciencia e ós seus principios con coherencia e rigor.

Lealtade a unha orixe sencilla e humilde. Poucos recordan iso.

Crer encontrar a verdade absoluta e caer no narcicismo máis paleolítico é ben fácil.

Son como eses que Sócrates dicía que non sabían nada porque crían sabelo todo.

Pois ben, na vida, como en todo, hai de todo. E pode que ata sexan os que menos.

Alea iacta est.
Son usuario habitual da praza e dos xardins da urbanización onde resido, un lugar que a cotío congrega a multitude de veciños, sobre todo polas tardes, nela fan uso do parque infantil, pasean os cans ou mesmo desfrutan dunha amena charla sinxelamente sentados nun dos seus imnumerables bancos, precisamente é desto último do que vos queria hoxe comentar algo.

Dun tempo a esta parte a povoación xuvenil na nosa urbanización medrou considerablemente, entre eles un nutrido grupo de skaters, que si ben ao principio eran un ou dous, agora son máis de media dúcia deles os que fan filigranas cós seus monopatíns, pero non é o feito de practicar este deporte o que me molesta, senón o feito de que duns meses para esta parte tomaron como norma habitual a de move-los bancos do parque según lles veña en gana, hoxe neste curruncho, mañán naquel porque alí malla o sol que da gusto…etc, non é aos rapaces aos que hai que pedirlles contas, senón ao Concello de Poio como responsable do mantemento deste entorno, un lugar que dia a dia congrega a máis e máis veciños como un dos poucos parques que temos para desfrutar no concello, polo tanto non estaria de máis que atornillaran eses bancos ao chán, porque hoxe son os rapaces e mañá pode que sexan un par de individuos os que veñan cun camión e se leven tres ou catro deles, os cales supoño que baratos non serán, aqui tedes a mostra dun dos bancos en cuestión.

Polo tanto unha vez máis, señor concelleiro de parques e xardins tome nota desta demanda veciñal, hoxe falamos dos bancos, outro dia falaremos da limpeza dos arredores do xardin, porque moito corta-la herba, pero os barrendeiros moito non se prodigan por aqui e papeleiras hai poucas.

De maiúscula se poderia defini-la sorpresa que tiven hai uns dias, cando de volta do traballo e pasando por diante do Casal de Ferreirós, puiden olla-la solución aportada polo Concello de Poio a unha das demandas que fixemos os veciños e que foi publicada neste post hai un tempo. Nela denunciabamos o feito de que un empresario da avenida de Andurique, concretamente o  propietario do concesionario Mara-Poio (Kia) estacionaba os seus vehículos nunha das beiras da PO-308, xusto onde a rúa Viñas remata na estrada xeral, os seus vehículos provocaban unha evidente situación de perigo e iso foi o que precisamente denunciei no seu dia aquí. Ao fin semella que o Concello de Poio escoitou parte das nosas demandas e procedeu ao pintado dunhas franxas amarelas que impiden o aparcamento e estacionamento nese punto en concreto, agardemos que isto estexa enmarcado dentro dunha remodelación total desa zona, a cal inclúa tamén o asfaltado da rúa Viñas e a supresión do bordillo diante da parada do bus, xa que non ten obxecto ningún, posto que o autobús sempre estaciona na estrada para recolle-los viaxeiros.

Dende aqui queremos darlle-los parabéns ao Concello de Poio, por fin comezan a escoitarnos aos veciños da zona de Andurique , o Pazo de Ferreirós e A Barca, agardemos agora que o resto das demandas que fixemos, como os pasos de peóns na rotonda de Andurique, o seto de Urbis que invade a beirrarúa, ou os problemas de estacionamento indiscriminado por parte dalgunha xente sexan tamén atendidos, pero vamos, que por algo se comeza e iso temos que agradecelo.


Puede que el rencor no sea el mejor arma de los políticos, tampoco lo es la intolerancia y el ensañamiento al honor de una persona por muy diferente que sea y piense a nosotros.

El camino en la política no es la libertad, es que la libertad es el único camino en la política y también en la vida, junto con otros principios como la lealtad, el ser fiel a unos valores y a respetar a la persona que se tiene enfrente para poder respetarse primero a uno mismo.
Pero como todo en la vida, hay gente que se aprovecha de las oportunidades que otros les han dado sin tenerlo en cuenta.

En este vídeo se demuestra la falta de consideración de un sinvergüenza que se dirige en un tono muy despectivo hacia una legítima representante de los ciudadanos como lo es la diputada Rosa Díez, echándole en cara y mofándose 7 años después que no la había apoyado para ser la Secretaria General del Psoe.

No me gustan los políticos desertores, ni los mentirosos, ni los intransigentes, tampoco los que sólo van a su interés, más bien, me gusta la gente coherente, la que si ante sus principios, sus planteamientos, siente que se está traficando con sus ideas opta por la decisión más difícil, no seguir en una posición cómoda y enfrentarse contra aquellos que un día defendieron sus mismos ideales, pero que poco les importan.

A base de palos, pero bien recibidos, se puede aprender mucho de las personas y de las situaciones hasta un final sencillo.

Esto sirve para todas las personas de todos los partidos políticos, a las que les gusta defenestrar o vetar a compañeros por considerarlos incómodos, y los que sólo se representan a sí mismos y a nadie más.

Cuando una histórica del PSOE como Rosa Díez o legendarios como Maragall deciden abandonar un barco que está en proceso de hundimiento porque no están dispuestos a seguir la política de la traición y de "si en allí digo pío, en el despacho me limito a deshacer" es un hecho que les honra y merece mi consideración, por el mero y sencillo acto de ser fieles a sí mismos y no a un proyecto a la deriva y sin rumbo.

Supoño que os que sexades veciños deste concello xa os coñeceredes de sobra, a Agrupación folclórica Vides Novas de Poio, que adoitan ensaiar un par de dias á semana perto da nosa urbanización do Casal de Ferreirós vai saca-lo seu primeiro traballo ao mercado en breve, segundo tivo coñecemento este blogue, o disco xa está gravado e agora están inmersos no proceso de producción do mesmo, o cal segundo apuntaron pode que sexa presentado publicamente a tódolos veciños do noso concello no Casal de Ferreirós neste mes de Outubro. Segundo a explicación de Mundo, o responsable da agrupación cultural, o disco terá por título POIO, UNHA VILA MARIÑEIRA e será adicado, coma non, a tódolos mariñeiros e mariñeiras do noso concello e a tódolos veciños en xeral, que dia a dia e có seu traballo fan que a nosa vila camiñe cara adiante cun futuro esperanzador.

O dia da gravación do discosección de gaitas

Polo de agora non teño máis datos sobre o mesmo, cando me informen do dia, hora e lugar dareivos cumprida información sobre todo elo nestas páxinas, polo de agora podedes visita-lo seu blogue se queredes saber algo máis do seu traballo e das súas actividades. Dende aqui queremos agradecerlle-lo feito de estaren ahí e de manter viva a chama do noso folclore, un elemento sobranceiro da nosa cultura.

Las cosas como son: que en plena crisis económica y ajustes presupuestarios la Casa Real se suba el presupuesto no le ha sentado bien a más de uno (entre los que me incluyo). Hay un post bastante esclarecedor al respecto: Y luego se extrañan de que quemen fotos del Rey

Septiembre queda unido estrechamente a los universitarios por traidición, aunque eso será parte de la historia cuando entre en funcionamiento el Plan Bolonia en la totalidad de universidades en España y los exámenes de septiembre pasen a serlo de julio.

En época de vendimia, muchos jóvenes, bastantes amigos míos, han optado por ganarse un dinero yendo a trabajar a las grandes bodegas, como no con alguna ganancia extra...xD

Final de septiembre, por lo tanto, vuelta a la rutina, que ya se echaba de menos.

Se adhieren a la universidad compostelana dos viejos amigos de la infancia, Dacos y Parri, que se han atrevido a convivir con Efrén (mi gran amigo del Sindicato de Estudiantes xD) y conmigo. Nuestro anterior compañero, Jacobo, también del mismo Sindicato, habitará este año en el Campus Norte por comodidad y cercanía a su facultad. Este año ya no estoy en minoría ideológica jeje; estaré respaldado por las teorías de Dacos contra dos buenos oponentes que seguro darán la talla.

Aún les espera el "bautizo universitario" en la Plaza de Cervantes, lo que evidentemente no tardarán en descubrir a no ser que algún "avispado" lo cuente en algún humilde Blog.
Septiembre de 2008.

A negativa do Congreso dos EEUU ao plan de rescate (coñecido xa como plan Paulson), provocou hoxe na bolsa norteamericana un verdadeiro desastre, ao caer un 6,71% o Dow Jones, un 8.58% o S&P 500, e un 9,14% o Nasdaq.

Deste xeito, a bolsa neoirquina experimentou a maior caída na súa historia, deixando a súa negra pegada no camiño da historia económica.  Din que estamos ás portas dunha crise financieira como nunca se viu, incluso máis grave e preocupante ca de 1929.

Coido que non hai que entender moito de economía para decatarse da gravidade da situación económica que nos tocou vivir. Se finalmente non hai un consenso e acordo no Congreso americano nun plan sólido e coherente de rescate financieiro, é bastante probable, que teña que mudar o actual sistema económico americano.

A versión americana do capitalismo sen trabas nin límites ten contados os días. E os feitos estano demostrando. O descontrol do sistema financieiro americano desenbocou primeiro na crise das hipotecas “lixo” ou “subprime”. A hipoteca subprime é unha modalidade crediticia do mercado financieiro de EEUU que se caracteriza por ter un nivel de risco de impago superior á media do resto dos créditos. Foron os bancos especializados neste tipo de hipotecas lixo os primeiros en caer. Pero non tardaron moito en seguirlle os bancos tradicionais e complicar aínda máis o panorama económico estadounidense, xa que a caída dos grandes bancos pode arrastrar con eles todo o sistema financieiro.

Coa negativa do Congreso dos EEUU de acudir na axuda das entidades bancarias cos cartos dos contribuintes, péchase de golpe a saída máis plausible á crise, e con ela, ábrese a caixa de Pandora. O reverso da especulación é a incerteza. Ás dúbidas e a desconfianza entre os bancos levará a un aumento progresivo e imparable dos tipos de interés, afogando a miles de hipotecados e aumentando aínda máis a morosidade. Se non hai unha axuda dos gobernos, moi probablemente o sistema se colapsará.

Teremos que agardar, pois, a que o tempo pase, e os gobernos actuen. A indecisión do Congreso americano o único que consegue é sembrar máis incerteza a un mercado que intenta evitar por todos os xeitos o medo e a dúbida entre os inversores.

¿Será este un episodio máis da economía mundial, ou se cadra mudará para sempre, seguindo o capitalismo o mesmo camiño do comunismo? O tempo o dirá.

      

Yo no estoy cualificado para comentar lo que ha sucedido la pasada semana en esta ciudad que ha cambiado quizá psicológicamente, y en términos de los maletines de alguna gente. Y no estoy cualificado para comentar las intervenciones que se han hecho. Yo supongo que esta gente sabrá lo que está haciendo. Pero me resulta extraordinario que puedan encontrar 700 billones de dólares para salvar Wall Street y que el G8 al completo no pueda encontrar 25 billones de dólares para salvar a 25.000 niños que mueren todos los días de enfermedades que se pueden prevenir y curar, además de morir de hambruna.

Bono, líder de U2, en una reciente entrevista


¿Qué acontecería se o mundo decidise quén sería o próximo presidente dos EEUU? Isto é o que propuxo o xornal “The Economist“, a través da súa páxina web. A cada país asignoulle un número determinado de delegados en función da poboación do país. Nestas particulares eleccións, a España lle corresponden únicamente 67 delegados, fronte aos 90 de Francia, 120 de Alemania, e moi distantes, os 1900 de China, ou os 1588 de India.

A día de hoxe, non hai dúbida de quen é o claro favorito no mundo. Como podedes ollar no mapa, a cor azul ocupa a meirande parte dos estados, que é a cor dos demócratas. McCain non consegue gañar en ningún pais do mundo, o que chama poderosamente a atención. Non sei se é producto da Obamamanía, ou da animadversión que provoca o candidato republicano.

Nos últimos días, diversas enquisas mostran unha tendencia á alza do candidato demócrata. E segundo as sondaxes realizadas xusto despois do primeiro debate televisado dos dous candidatos á Casa Branca, o gañador foi o representante demócrata.

A campaña electoral dos republicanos derrubouse coma un castelo de naipes ao mesmo tempo que os pilares fundamentais da economía capitalista rachaban en mil anacos, e os templo de Wall Street escupían bancarrotas financieiras dos grandes bancos estadounidenses.

Finalmente non será a política belicista de George W. Bush, senón a economía o que termine un ciclo e afunda na historia 8 anos de goberno a golpe de fusil e escopeta.

Moi probablemente, Obama chegue á presidencia do goberno dos EEUU, e marque a lume a historia afroamericana. Polo momento temos que agardar e observar os movementos e estratexias dos dous candidatos ata a data das eleccións, en novembro.

      
Para a nosa desgraza, na zona de San Salvador non existe ningún tipo de asociación de veciños que defenda os nosos dereitos, somos xa moitos e cada dia máis, e unha boa maneira de encauza-las nosas demandas ante o Concello de Poio seria organizarse dalgunha maneira, inda que polo de agora semella que a xente non se quere mover demasiado, pero non todos claro, un grupo de veciños da nosa zona envioume un correo electrónico hai uns dias, no mesmo comentábanme que en novembro do ano 2005 presentaran por rexistro unha instancia reclamando o arranxo de diversos problemas que sofren na zona, como a inexistencia de bolardos para impedi-lo aparcamento indiscriminado de vehículos, a reposición dalgúns sinais de tráfico arrincados ou o que eu considero máis importante e imprescindible, o pintado de pasos de peóns nas inmediacións da rotonda de Andurique, algo que polo de agora non temos e representa un perigo evidente, tamén me remitiron a seguinte foto que aqui podedes ollar.

Foto de Luis Hermelo

Seto de Urbis en Andurique (Poio)
Nela pódese apreciar perfectamente que o seto que pertence á oficiña de vendas da inmobiliaria Urbis invade a beirarrúa, algo que veñen denunciando dende hai tempo pero que o concello non foi quén de arranxar polo de agora, tampouco de darlles unha explicación aos veciños, que siguen agardando polo arranxe de éste e diversos problemas máis que afectan á zona onde residimos. Xa abonda de este deixar facer por parte dos que nos governan, por favor que se poñan mans á obra e comecen a atar en curto a estes empresarios que semellan se-los donos das nosas rúas, que lembren que a cadeira que ocupan no concello non foi conseguida cós votos da xente da Kia ou de Urbis, senón de nós, os veciños empadroados en Poio e os que para as vindeiras eleccións teremos outra vez o seu futuro nas nosas mans, ¿ata cando teremos que agardar por solucións?.

Políticos de Poio, poñédevos as pilas e comezade a traballar pola xente de Andurique e do Pazo de Ferreirós, somos moitos veciños e tamén moitos votos, que non se vos esqueza.



Estamos ante un problema muy grave que puede derivar incluso en el temido nivel de Estanflacción. Sólo un insensato se reiría de los españoles de esta forma.
Decían los antiguos sabios que el tiempo pone a cada uno en su sitio.

A modo personal, comienzo esta nueva andadura con las pilas mejor puestas y más cargadas y partiendo de que el tiempo pone a cada uno en su sitio porque lo que cada persona siembra en la vida se acaba recogiendo, tanto para bien como para mal.

Una nueva etapa en la que comenzaré segundo curso de Derecho en Santiago con gente que merece la pena conocer y por lo que me siento muy contento. Por lo más orgulloso que estaré siempre es de haber hecho tan buenos amigos en la carrera y haber entrado a formar parte de ese pequeño grupo de Alumnos Independentes de Dereito con los que concurrí a las elecciones a la Junta de Facultad y, además también, al Claustro Universitario, siendo Jorge Cubela (yo), Luis Teira e Iago Seijo los 3 más votados en una facultad en Galicia durante la última cita con las urnas al Claustro, algo conseguido gracias a muchas horas de campaña, trabajo y compromiso y a la confianza conseguida por parte de nuestros compañeros, un hecho tan honroso del que no puede presumir todo el mundo.

Desde el respeto a mis ideas nunca tuve miedo a decir lo que pienso y a ser sincero.
En un mundo en el que la hipocresía y la mezquindad pueden ser más visibles que aquellas ideas que un día supusieron la unidad de unos principios, lo que realmente importa será la lealtad de las personas hasta el final y hasta el día en que haya que medir los tiempos y las decisiones con prudencia y entendimiento, y como tengo en alta consideración intelectual a los lectores del mundo bloguero, a buen entendedor pocas palabras bastan.

Para ser fiel a los demás hay que empezar por ser fiel a uno mismo.

"Ya estoy aquí".



Una noche espectacular para los aficionados y amantes del R.Madrid y del capitán Raúl González Blanco, que marcó por partida doble ante un Sporting que ha encajado en en una semana 13 goles.

Rafael van der Vaart y Raúl fueron los grandes protagonistas de la goleada del Real Madrid al Sporting.
El holandés firmó su primer hat trick en el R.Madrid.

Lluvia de goles.
GOLES: 1-0, m.23: Van der Vaart. 2-0, m.33. Van der Vaart. 3-0, m.37: Higuaín. 4-0, m.46: Van der Vaart. 5-0, m.51: Robben. 5-1, m.53: Kike Mateo. 6-1, m.58: Raúl. 7-1, m.64: Raúl.

En un buen comienzo de liga en cuanto a resultados se refiere, el Madrid aún tiene que afinar en juego y en toque para volver a conseguir las gestas del año pasado.

Los que no daban un duro por Raúl están empezando a silenciar sus críticas.
Hala Madrid!

Onte pasei por diante dela, é unha fermosísima casa de aldea moi ben restaurada e polo que semella tamén moi ben equipada, a galescola de Poio pertence á chamada Rede Galega de Escolas Infantís dependentes da Consellería de Vicepresidencia, si, a de Anxo Quintana, o mesmo que onte xunto có noso alcalde e algunhas personalidades máis a inauguraron de forma oficial o pasado venres, tanto ten que xa levara varios meses rematada, supoño que o importante era que hai uns dias que os cativos comezaron o novo curso e habia que deixar constancia delo. A escola infantil conta cun parque de xogos anexo a ela e espazo para aparcar coches e demais, se inda non fúchedes por alí non sabedes o que vos perdedes, non entrei dentro posto que fun por alí un domingo, pero por fora é unha marabilla de pedra, tella e madeira, remata todo o conxunto un canastro galego tamén moi fermoso. A Galescola de Poio conta cun blogue no que os pais poderán estar informados asi como olla-las fotos dos rapaciños, os seus xogos e actividades das que tanto desfrutan os condenados…

 A galescola de Poio

As galescolas tan criticadas por moitos dende a súa instauración, non deixan de ser unha ferramenta máis para educa-los nosos fillos, máis prazas na oferta de garderias infantís e por suposto un valor de futuro para o noso idioma, que algún queira ver politización, alienación ou adoctrinamento nelas é cousa del, eu personalmente recibo con agrado unha escola infantil con formato galego, que empregue o noso idioma e que estaxa no meu concello, ¿que máis podo pedir?.

                                  Suso de Toro, foto de El pais.com

Mañá de domingo, son as nove e pico máis ou menos, érgome da cama con algo de resaca e non precisamente de alcool non, senón da victoria contundente, necesitada, e cando menos refrescante do Pontevedra C.F. onte á noite fronte á S.D. Ponferradina en Pasarón, unha victoria agardada por todos e celebrada por moitos máis.

Acendo o ordenador e pescudando algo de noticias na web de Elpais.com, atopo un artigo do galego Suso de Toro falando do affaire Steiner-Língua Galega de hai unhas semanas (ou cecais un mes, non me lembro ben), préstolle atención máis que nada por saber que lle contesta e porque o tema éste acontecido o pasado verán, chamoume poderosamente a atención, non entendo como unha persoa pode falar tan abertamente e dende o descoñecemento máis absoluto dunha língua coma a nosa, cun pasado extraordinario de séculos e un presente e futuro cando menos esperanzador (todo depende da paixón coa que a defendamos) por diante. Para os que non saibades do tema, Steiner nunha entrevista para un medio español contestaba ás seguintes preguntas do xornalista:

-Pero, cambiando de tema, me han dicho que hay una universidad en España en la que es obligatorio hablar en gallego, dice en una entrevista a El País Semanal.
-Igual que es obligatorio en Cataluña compartir el catalán con el castellano.
-¡Pero no me compare el catalán con el gallego! El catalán es un idioma importante, con una literatura impresionante. Pero el gallego ¿por qué ha de ser obligatorio en una universidad?

Tales afirmación levantaron unha serie de reaccións por parte de escritores, xornalistas e público galego en xeral que deron a volta a todo o País, porqué temos que aturar ese continuo ataque ao noso idioma e ademais de xente de fóra, que descoñece a nosa realidade, ¿porqué dicir que o castelán está en perigo?, que a única língua de obrigado emprego é o galego, porqué tantas mentiras que alimentan á xente de Galicia Bilingüe e demais sectores da dereita máis ráncia e casposa, porqué crear artificialmente unha confrontación aberta galego-castelán…

Recoméndovos a lectura deste artigo de Suso de Toro no Pais.com titulado Steiner, no; nosotros.

 

Chuzame! chúzame -

O Concello de Poio semella que comeza a facer tímidos esforzos para palia-lo grave problema que temos có aparcamento indiscriminado en todo o municipio, sobre todo centrándonos no caso que máis me afecta, a zona de A Barca, Andurique e os arredores da urbanización do Pazo de Ferreirós. Hai dias que comezaron a pintar de amarelo diversas marxes de estradas interiores coma a Travesia de Viñas e tamén colocaron algúns bolardos de ferro fundido nalgunhas beirarrúas, pero iso non é para nada dabondo e o que adoitaba aparcar onde lle petaba segue a facer das súas, supoño que moitos de vós teredes ollado en infinidade de ocasións vehículos particulares nos carga/descarga, por riba de beirarrúas, pasos de peóns e demais, ¿porqué a Policia Local de Poio non fai nada? eu véxoos pasar por diante deses vehículos estacionados de calqueira maneira, molestando aos veciños e aos demais conductores e non fan nada para remedialo, somentes pasear e pasear có seu novo coche patrulla de arriba para abaixo da estrada PO-308, nada máis, ¿para iso traballan?

Foto de Luis HermeloFoto de Luis Hermelo

Aqui  podedes ollar unhas cantas fotos que me foron achegadas por Luis Hermelo, un veciño da zona francamente preocupado por esta situación e que ten denunciado ante o Concello de Poio e varias entidades máis este problema sen resposta algunha polo de agora, son unicamente unha pequena mostra do grave problema que conleva o deixar-facer por parte dos que nos governan.

¿Ata cando teremos que aturar esta situación? ¿Van a facer algo ao respecto?.

 

 

As vindeiras eleccións cada dia están máis perto e iso nótase tamén na política local, se hai un par de dias asistimos á reaparición das Xuventudes Socialistas en Poio, estes dias tamén a xente de Galiza Nova de Poio están a traballar na mesma dirección, na de facer máis públicas as súas convocatorias e actos de diversa índole, para todo isto que mellor que un espazo de difusión en internet, desde este verán xa dispoñen do enderezo www.galizanova-poio.blogspot.com desde o cal informarán a tódolos simpatizantes e veciños de Poio de todo o seu traballo na política local.

Stand de Galiza Nova na Festa do Mar 08

Semella que os partidos políticos de Poio comezan a abraza-las novas tecnoloxías facendo web’s ou blogues onde informar a tódolos veciños das súas actividades, por fin se están a dar conta de que unha páxina web informa se cadra máis e mellor que unha radio ou o propio xornal, desde aqui quero parabenizar iniciativas coma ésta que non fan máis que amplia-lo abano de posibilidades de información para tódolos veciños que estamos interesados.

Por certo, en canto ao Partido Popular de Javier Dominguez non atopei nin web nin blogue algún, o único, un video algo fantasioso colgado en Youtube -para partirse o de Poio WIFI- , asi que se algún de vós sabe do seu sitio en internet que me avise para podelo poñer nas ligazóns de Poio xunto cós outros partidos.


Rajoy fíxose de rogar. Xa tardaba en facer algún tipo de comentario acerca dos inmigrantes. A frase é a seguinte: “Hai moitos extranxeiros cobrando o paro, e españois procurando traballo fóra“. Ademáis completouno con “hai 180.000 extranxeiros cobrando o seguro de desemprego e xa voltamos a tempos pasados. Hai 20.000 andaluces que pediron traballo na vendima francesa“.

O que Rajoy quere destacar é que é inxusto que os inmigrantes teñan dereito ao desemprego, cando hai españois que están traballando. Conviría lembrarlle ao señor Rajoy que os inmigrantes cobran o seguro de desemprego porque no seu día traballaron en España, e pagaron o seguro do paro, ao que agora teñen dereito.

Con este tipo de declaracións incendiarias o único que pretende Rajoy é fomentar o odio inxustificado cara a todolos inmigrantes. Inxustificado porque pretende facer crer a toda España que os inmigrantes están arruinando as arcas do Estado, cando no seu día eles aportaron cartos ao Estado do mesmo xeito que o resto dos españois.

As declaracións de Rajoy son ridículas e inaceptables. Danos unha idea da súa idea de España, e mostra unha vez máis a dereita máis rancia deste país. Esperemos que nos próximos días se retracte das súas verbas, aínda que o dubido moito.